Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Relacións Interartes
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Relacións Interartes Código 613584122
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Profesorado
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Web
Descrición xeral –Estudo e análise crítica da relación entre as diversas artes, así como dos procesos de transitividade e reciprocidade que, entre elas, se producen, nas distintas tendencias epocais dos ámbitos culturais brasileiro, galego e portugués. –Neste curso 2020/2021, os contidos están inseridos, en concreto, na liña temática relativa ás relacións entre LITERATURA E ARTES PLÁSTICAS: «Paradigmas plástico-escriturais na poesía contemporánea do Brasil, Galiza e Portugal (As obras de Paulo Leminski, Uxío Novoneyra e Ana Hatherly)»
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán modificacións 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Sesión maxistral – Traballos tutorizados (con atención personalizada) (computa na avaliación) – Obradoiros (computa na avaliación) – Lecturas (computa na avaliación) –Recensión bibliográfica (computa na avaliación) –Presentación oral (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican – A Proba Mixta será substituída por “estudo de casos”. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. A demanda do alumnado. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutorizados – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Haberá encontros regulares, con base na planificación inicial da materia, para o atendemento do alumnado, o acompañamento dos traballos, así como para pór en praática o desenvolvemento dos contidos teóricos da materia. No Moodle serán disponibilizados, explicados e atribuídos todos os elementos relacionados cos “estudos de caso” sustitutivos da proba mixta, así como o "aggiornamento" necesario (máis de pormenor) de calqueira outro aspecto do desenvolvemento da materia. – Teams: Unha sesión semanal para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutorizados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. As sesións "ad hoc" necesarias para o seguimento e apoio na realización do “estudo de casos”. 4. Modificacións na avaliación – Traballos tutorizados (15%): En relación cos traballos tutorizados serán obxecto de avaliación o rigor teórico e formal, a capacidade analítica e relacional, así como a elaboraciónn de reflexións críticas e a profundidade dos contidos expostos. – Lecturas (10%): En relación coas lecturas serán obxecto de avaliación a adecuación dos resumos das mesmas, así como a pertinencia das reflexións persoais sobre elas, no contexto dos coñecementos adquiridos e dos contidos desenvolvidos que lles digan respecto. – Obradoiros (20%): En relación cos obradoiros serán obxecto de avaliación a capacidade analítica dos temas abordados, a cualidade da exposición oral e/ou escrita e a adecuación aos contidos e aos obxectivos propostos derivados das previas lecturas atribuídas. – Recensión bibliográfica (5%): En relación coa recensión bibliografica serán obxecto de avaliación a adecuación, sustentabilidade e pertinencia dos xuízos emitidos na(s) reseña(s) avaliativa(s) de determinadas aportacións bibliográficas. – Presentación oral (10%): En relación coa presentación oral serán obxecto de avaliación a capacidade expositiva e a profundidade e adecuación dos contidos expostos na presentación oral dalgún dos comentarios de textos realizados. – Estudo de casos (40%): En relación co estudo de casos será obxecto de avaliación tanto a precisión expresiva e dos contidos, como a adecuación ás competencias xerais da materia dos comentarios, análises e reflexións realizados. *Observacións de avaliación: – Tendo en conta as consecuencias derivadas das modificacións anteriores, mantéñense as recollidas no correspondente apartado do guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía – Realizaránse os axustes necesarios para que o estudantado, na medida do posíbel, poida dispor de todos os materiais de traballo precisos en formato dixital en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes