Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Relacións Interartes
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso.
Traballos tutelados Textos orais, escrito e/ou visuais en que o alumnado analizará, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, algunha(s) das obras e/ou textos de lectura obrigatoria.
Recensión bilbiográfica Reseña(s) avaliativa(s) de determinadas aportacións bibliográficas.
Presentación oral Presentación oral dalgún(s) dos comentarios de textos realizados.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais.
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesor explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes