Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Relacións Interartes
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A13 A1 A2 A3 A5 A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B4 B6 B1 B3 C2 Avaliación da capacidade expositiva e da profundidade e adecuación dos contidos expostos na presentación oral dalgún dos comentarios de textos realizados.
Para alen do antes referido e da utilidade das apresentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipo.
10
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A1 A2 A7 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B13 B6 B1 C2 C7 C6 C8 C9 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. 40
Lecturas A1 A1 A2 A2 A3 A3 A4 A5 A6 A7 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B13 B6 B1 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C2 C7 C6 C8 Terán de realizarse as leituras obrigatorias por parte do alumnado, sendo avaliadas ao longo do desenvolvimento das aulas.
O control destas lecturas será realizado por medio de recensións "ad hoc"; e/ou en sesións específicas na sala de aulas, avaliando a capacidade de comprensión e a síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia.
10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A13 A1 A2 A3 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B6 B12 B3 B11 C8 C6 Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, analizará algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria, avaliándose a súa precisión e o seu axeitamento aos contidos e ás competencias previamente formulados.
Son obxecto de avaliación a apresentación oral do traballo tutelado e da leitura analítica do texto breve seleccionado de acordo co profesorado da materia.
Para alén do antes referido e da utilidade das apresentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipo.
15
Recensión bilbiográfica A27 A29 A28 A24 A26 A25 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación da adecuación, sustentabilidade e pertinencia dos xuízos emitidos na(s) reseña(s) avaliativa(s) de determinadas aportacións bibliográficas. 5
Obradoiro A13 A1 A2 A3 A5 A6 A7 A8 A9 B13 B4 B5 B6 B7 B12 B2 B3 B11 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 C8 C9 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade tipolóxica. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.




















Na segunda oportunidade,
para superar a materia, haberá que realizar as mesmas probas e cumprir as
mesmas exixencias que na primeira.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes