Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Modelos e métodos na lingüística actual
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Modelos e métodos na lingüística actual Código 613836001
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Morales Lopez, Esperanza
Correo electrónico
e.morales.lopez@udc.es
Profesorado
Morales Lopez, Esperanza
Sanchez Rei, Xose Manuel
Correo electrónico
e.morales.lopez@udc.es
x.m.sanchez.rei@udc.es
Web
Descrición xeral O obxecto desta materia é proporcionar ao estudantado unha visión das distintas vertentes e metodoloxías presentemente dominantes na investigación lingüística, ben como o treinar para o uso dalgúns dos instrumentos metodolóxicos básicos dentro dunha orientación específica. Concretamente, os obxectivos da materia son: (a) Coñecer as principais correntes teóricas sobre o estudo da linguaxe. (b) Analizar e interpretar textos de teoría lingüística aplicando diferentes modelos teóricos. (c) Diferenciar os principais modelos lingüísticos e a súa fundamentación epistemolóxica. (d) Desenvolver habilidades para a análise crítica das liñas fundamentais no estudo das linguas desenvolvidas nos séculos XX e XXI. (e) Coñecer as técnicas que integran a metodoloxía actual de investigación lingüística como parte do método científico. (f) Adquirir as bases metodolóxicas, terminolóxicas e teóricas de procedementos de análises lingüísticas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se prevé alterar os contidos inicialmente previstos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen -Actividades iniciais -Lecturas -Traballo tutelado *Metodoloxías docentes que se modifican As sesións maxistrais e os seminarios desenvolveranse a través de Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Utilizaranse as seguintes ferramentas: -Correo electrónico. Empregarase para formular pequenas consultas, programar titorías ou resolver dúbidas sobre as actividades marcadas polo profesorado. -Moodle. Empregarase, cando for necesario,para desenvolver os contidos teóricos da materia. -Teams. Empregarase para sesións maxistrais, para as cuestións derivadas do desenvolvemento de contidos prácticos e para o acompañamento personalizado dos traballos tutelados e das diversas actividades. 4. Modificacións na avaliación Deixan de ser pertinentes as puntuacións referidas ás sesións maxistrais e ás actividades iniciais e deposítase na elaboración do traballo tutelado o total da cualificación final.Esta metodoloxía asenta na elaboración dun traballo de contido lingüístico, consensuado co profesor ou coa profesora preferencialmente no inicio do cuadrimestre. Cada estudante ten de desenvolver un tema concreto, igualmente consensuado coa persoa responsábel da docencia. O traballo require seguimento por parte desta (orientación, recomendacións na bibliografía etc.). Valorizaranse os resultados obtidos, a clareza expositiva, a calidade da lingua e a capacidade de chegar a conclusións propias. *Observacións de avaliación: Mantéñense, no xeral, as mesmas directrices que as que figuran na Guía docente. Con todo, a data de entrega do traballo tutelado amplíase até coincidir coa data oficial do exame, aprobada no seu día pola Xunta da Facultade de Filoloxía. Para superar a materia, é necesario obter unha cualificación igual ou superior a 5 no traballo tutelado. A segunda oportunidade de xullo estará determinada polos mesmos condicionalismos que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Mantense a relación fundamental de referencias bibliográficas marcadas na Guía Docente. No entanto, tamén é preciso ponderarmos algunhas alteracións no tocante a outros aspectos da bibliografía: (i) As lecturas poderán ser mudadas por outras accesíbeis na rede ou dispoñibilizadas en Moodle. (ii) As recomendacións bibliográficas para os traballos tutelados poderán tamén ser mudadas por outras publicacións dispoñibeis na rede ou en Moodle se o estudantado for incapaz de acceder ás iniciais. (iii) Se houber alumnas ou alumnos con dificultades para se conectaren, estudarase cada caso en particular de maneira a lles proporcionar, a través doutros medios, os materiais necesarios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes