Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Modelos e métodos na lingüística actual
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas As lecturas, tanto as obrigatorias como as complementares, serven para o alumnado coñecer o estado da arte sobre un tema previamente marcado polo profesor ou profesora ou para aprofundar nalgún aspecto.
Sesión maxistral Sesións expositivas dos contidos da materia obxecto de estudo. Servirán para introduciren e presentaren os diferentes temas do programa, proporen cuestión para debateren e estabeleceren as directrices para as diferentes actividades e tarefas do curso.
Traballos tutelados Trátase dunha metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado baixo a tutela do profesorado.
Seminario Teñen como finalidade a supervisión do traballo do alumno ou da alumna no marco de grupos máis reducidos.
Actividades iniciais As actividades serven para o profesorado saber, a través dun medio práctico, cal é o nivel de partida do estudantado. As actividades e prácticas que non foren iniciais teñen como principal meta que o alumnado aprofunde nun determinado tema ou aspecto dunha maneira eminentemetne práctica, ben como que o estudantado aprofunde na análise de fenomenoloxías lingüísticas tamén dun modo fundalmentalmente activo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes