Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Modelos e métodos na lingüística actual
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A2 A9 B1 B2 B3 B5 B10 C1 C8 Outras actividades avaliábeis (comentarios, exercicios, lecturas etc.). 25
Traballos tutelados A2 A4 A9 B2 B4 B6 B9 C8 Tarefas relacionadas con cada un dos blocos do programa. 60
Sesión maxistral A1 A2 A3 B1 B2 B5 B7 Neste tipo de sesión terase en conta a asistencia e a participación. 15
 
Observacións avaliación

Cuestións xerais:

A. O alumnado terá de entregar os traballos e exercicios no prazo fixado, os cales deberán cumprir unha exixencias mínimas de corrección
lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia
de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección
lingüística
(aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no
día 06.07.2018 e pendurado en Moodle).

B. Na segunda oportunidade de xullo, o alumnado poderá presentar unha nova versión dos traballos que non obtivesen o nivel suficiente. No caso dunha cualificación insuficiente nas seccións relacionadas coa asistencia e coa participación, a cualificación do traballo constituirá 100% da final. Caso houbese convocatoria adiantada de decembro, serán aplicados os mesmos principios de avaliación que na de xullo.

C. O estudantado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar
e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider
asistir ás titorías, deberá pórse en contacto cos profesores a través do correo electrónico. Tamén terán de contactar co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co
seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a
dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter
condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.

Aviso importante: Os traballos presentados polo alumnado poderán
ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio e de
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
inclusive pola/o mesma/o estudante. Se se producir algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e de mestrado universitario da Universidade da Coruña
(artigo 14.4).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes