Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Modelos e métodos na lingüística actual
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A2 A9 B1 B2 B3 B5 B10 C1 C8 Outras actividades avaliábeis (comentarios, exercicios, lecturas etc.). 25
Traballos tutelados A2 A4 A9 B2 B4 B6 B9 C8 Tarefas relacionadas con cada un dos blocos do programa. 60
Sesión maxistral A1 A2 A3 B1 B2 B5 B7 Neste tipo de sesión terase en conta a asistencia e a participación. 15
 
Observacións avaliación

Lea atentamente a información que segue.

 1.  (a) Calquera falta
de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros
autores sen indicar a procedencia, copia en exercicios ou traballos, ou outras
variabeis destas características) será penalizada coa anulación total da
actividade de que se trate e a penalización correspondente en virtude
danormativa vixente

     (b) A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos
servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de
maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa
Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico:
pat.filoloxia@udc.gal).

 2. A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao seguinte reparto
porcentual:

 



2.1) Un 60% obterase polos actividades dos traballos tutelados. A data de entrega última será o 12 de decembro.

2.2) Un 15% obterase da realización das actividades e
prácticas (individuais ou grupais), que se realizarán na aula ao longo do
curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual do alumno, mais
tamén a súa dinámica na aula, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles
elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa.



2.3) Un 25% responderá as actividades autónomas que os estudantes realizarán ao longo do curso.



Moi importante: Este reparto porcentual só é válido para as
persoas que asisten con regularidad. As persoas que teñan dispensa académica ou que xustifiquen a falta
de asistencia recibirán un 100% da súa nota final pola realización dos
traballos tutelados tanto na primeira coma na segunda oportunidade.



 



Calificación de No Presentado. Recibirán calificación de Non
Presentado (N.P.) solo aquelas personas que entreguen ou realicen menos do 30%
das actividades evaluables.

 



CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES:

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO.



O estudantado poderá presentar unha nova versión daqueles
traballos de curso (actividades avaliables e traballo tutelado) que non tivesen
acadado o nivel suficiente, ou, de ser o caso, poderánselle encomendar unha
serie de actividades substitutivas que se anunciarían oportunamernte no momento
de lle comunicar as notas da 1.ª oportunidade.



No caso de cualificación insuficiente no módulo de
asistencia e participación, a nota do/s traballo/s mencionados constituirá o
100% da cualificación final.



ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA: a puntuación acadada
polos traballos (parciais e final) suporá o 100% da cualificación final, tanto
na primeira coma na segunda oportunidade.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes