Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Lingüística de corpus
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A5 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B10 C4 C5 C6 C7 C8 Considérase discusión dirixida a asistencia e participación nas clases e titorías. 15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B9 C1 C3 C6 Terá carácter obrigatorio e individual e nel aplicaranse contidos e/ou metodoloxía relativos á materia. 60
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A7 A9 A10 B2 B3 B4 B5 B8 C3 C5 C6 Actividades de curso. Trátase de exercicios, traballos, comentarios, etc. de carácter obrigatorio. Algúns deles poderán ter carácter non presencial. 25
 
Observacións avaliación

As actividades do obradoiro prepararanse na aula segundo avance o programa. O traballo tutelado final entregarase a finais de decembro.

Na
“segunda oportunidade” (e convocatoria adiantada de decembro)  os estudantes poderán presentar unha nova
versión dos traballos que non obtivesen o nivel suficiente. No caso de
cualificación insuficiente nos apartados relacionados coa asistencia e
participación, a nota dos traballos constituirá o 100% da cualificación final.

Para
os estudantes con dispensa académica recoñecida, a puntuación alcanzada polos
traballos suporá o 100% da nota final, tanto na primeira coma na segunda
oportunidade.

Será
cualificado como "non presentado/a" en ambas oportunidades quen non
entregue o traballo tutelado.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir,
utilización de texto ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia,
copia en exercicios ou traballos ou outras variables destas
características) será penalizada coa anulación total da actividade de
que se trate e a penalización correspondente en virtude da normativa
vixente.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
necesite a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De
ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñibles na UDC/no Centro
nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre
académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/adi/apoioalumnado/); na súa falta, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes