Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Lingüística aplicada
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingüística aplicada Código 613836003
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Morales Lopez, Esperanza
Correo electrónico
e.morales.lopez@udc.es
Profesorado
Mascato Rey, Rosario
Morales Lopez, Esperanza
Correo electrónico
rosario.mascato@udc.es
e.morales.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral Afianzar o coñecemento dos conceptos e metodoloxías asociados ás distintas ramas da lingüística aplicada.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se prevé alterar os contidos inicialmente previstos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen -Actividades iniciais -Lecturas -Sesión maxistral -Traballo tutelado -Seminarios *Metodoloxías docentes que se modifican As horas presenciais das sesións expositivas serán substituídas por sesións vía Teams (en modo síncrono ou asíncrono) acordadas previamente co alumnado en función das súas condicións (técnicas ou persoais). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico. Moodle. Teams (por vía síncrona ou asíncrona). 4. Modificacións na avaliación Deixan de ser pertinentes as puntuacións referidas ás sesións maxistrais e ás actividades iniciais e deposítase na elaboración do traballo tutelado o total da cualificación final.Esta metodoloxía asenta na elaboración dun traballo de contido lingüístico, consensuado co profesor ou coa profesora preferencialmente no inicio do cuadrimestre. Cada estudante ten de desenvolver un tema concreto, igualmente consensuado coa persoa responsábel da docencia. O traballo require seguimento por parte desta (orientación, recomendacións na bibliografía etc.). Valorizaranse os resultados obtidos, a clareza expositiva, a calidade da lingua e a capacidade de chegar a conclusións propias. *Observacións de avaliación: Mantéñense, no xeral, as mesmas directrices que as que figuran na Guía docente. Con todo, a data de entrega do traballo tutelado amplíase até coincidir coa data oficial do exame, aprobada no seu día pola Xunta da Facultade de Filoloxía. Para superar a materia, é necesario obter unha cualificación igual ou superior a 5 no traballo tutelado. A segunda oportunidade de xullo estará determinada polos mesmos condicionalismos que a de xuño. O alumnado con dificuldades para o acompañamento da materia durante a vixencia deste plano de continxencia, quer por motivos de conexión ou de medios, quer por necesidades ou limitacióna de calquera outro tipo (cuidado de menores ou maiores dependentes, conciliación, horarios ou espacios restrinxidos, etc.) deberá contactar co profesorado no menor tiempo posíbel a fin de que poidan ser arbitradas todas as medidas de flexibilización e adaptación necesarias a cada caso particular. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Mantense a relación fundamental de referencias bibliográficas marcadas na Guía Docente. No entanto, tamén é preciso ponderarmos algunhas alteracións no tocante a outros aspectos da bibliografía: (i) As lecturas poderán ser mudadas por outras accesíbeis na rede ou dispoñibilizadas en Moodle. (ii) As recomendacións bibliográficas para os traballos tutelados poderán tamén ser mudadas por outras publicacións dispoñibeis na rede ou en Moodle se o estudantado for incapaz de acceder ás iniciais. (iii) Se houber alumnas ou alumnos con dificultades para se conectaren, estudarase cada caso en particular de maneira a lles proporcionar, a través doutros medios, os materiais necesarios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes