Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Lingüística aplicada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A7 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C4 C8 Análise de casos diversos de cada un dos ámbitos da disciplina. Realización de exercicios breves. 30
Discusión dirixida A1 A2 A3 A6 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 Lectura da bibliografía obrigatoria e participación activa no debate na aula. 10
Traballos tutelados A1 A2 A6 A7 B2 B3 B4 Realización de dous traballos a partir das lecturas obrigatorias. 60
 
Observacións avaliación

1. Traballos tutelados: 60%; outras actividades evaluábeis: 30%; e asistencia e participación nas clases: 10%. En casos excepcionais debidamente xustificados e a criterio do profesorado, o alumnado poderá optar a unha proba mixta (exame) co valor do 100% da avaliación. 

2. Valorarase tanto o contido teórico-metodolóxico coma o estilo, a capacidade argumentativa e a corrección idiomática.

3. Non se admitirá ningún traballo nen tarefa entregada fora de prazo, agás situacións debidamente xustificadas.

4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en exercicios ou traballos, ou outras variabeis destas características) será penalizada coa anulación total da actividade de que se trate e a penalización correspondente en virtude da normativa vixente.

5. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non entregue algún dos traballos tutelados, aínda que teña realizado as restantes actividades. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) no traballo tutelado para poder facer o cómputo cos restantes apartados.

6. O alumnado que teña que superar a materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tivese suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do trabajo ou entrega de exercicios por medio da plataforma Moodle, indicando as datas e procedimentos de entrega, para que o alumnado poida organizar con tempo suficiente as tarefas para a segunda oportunidade.

7. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 

8. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 de acordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.

9. A data limite para a entrega de actividades e traballo tutelado da primeira parte da materia (prof. Rosario Mascato) será o 28 de outubro de 2022. O da segunda parte (profesores Celso Álvarez Cáccamo e Nancy Vázquez Veiga) será o 29 de novembro de 2022.

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

Os procedimentos de avaliación serán o estudo de casos (35%) e o traballo tutelado (65%). O profesorado porá a disposición deste estudantado tanto as instrucións para a realización como os procedimentos de entrega a través da plataforma Moodle.

As titorías concertaranse de maneira previa e terán lugar en horario apropiado tanto para o estudantado como para o profesorado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes