Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Recursos bibliográficos e xéneros científicos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Recursos bibliográficos e xéneros científicos Código 613836005
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Profesorado
López Viñas, Xoán
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
Web
Descrición xeral Os obxectivos da materia serán os seguintes: 1. Tomar conciencia da relevancia que ten o dominio da lectura e da escrita académica no ámbito universitario. 2. Adquirir competencias para a xestión dos recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación, o cal implica: 2.1. Coñecer as fontes relevantes de información bibliográfica e saber acceder a elas. 2.2. Saber utilizar adecuadamente os recursos e equipamentos. 2.3. Dominar a tecnoloxía para rexistrar datos. 2.4. Familiarizarse co manexo de fontes documentais. 3. Coñecer os xéneros científicos habituais no ámbito da lingüística. 4. Adquirir competencias para planificar, desenvolver e redactar traballos de investigación lingüística.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán mudanzas nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse todas as metodoloxías. Unicamente será modificada a modalidade de impartición nas metodoloxías que impliquen presencialidade, a cal será substituída pola modalidade de impartición telemática, realizando sesións síncronas/asíncronas a través de Teams ou ben facilitando presentacións xerais e breves lecturas complementares a través da plataforma Moodle. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico, Moodle e Teams. 4. Modificacións na avaliación Manteranse todas as metodoloxías presentes na avaliación con normalidade presencial adaptada. No caso da avaliación da "Sesión maxistral", en que se computa a asistencia e a participación do alumnado, estas serán de modo telemático. *Observacións de avaliación: Non hai. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán mudanzas. Se for necesario, o alumnado disporá de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes