Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Recursos bibliográficos e xéneros científicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A9 B1 B2 B3 B6 C1 C2 Un 45 % obterase da realización de PRÁCTICAS con exercicios preparados en horas non presenciais. Poderase considerar deste 45 %, un 10 % para PRESENTACIÓN na clase ou online do traballo de curso. No seu lugar podería facerse a exposición oral dunha lectura ou dunha das prácticas preparadas fóra da clase.
As prácticas non presenciais entregaranse na 4.ª e 5.ª semana de aulas.
Entregarase, como máximo, antes do 15 de novembro.
45
Traballos tutelados A9 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C8 Un 45% corresponderá á realización dun TRABALLO TUTELADO, cuxas instrucións se darán nas primeiras sesións do curso. 45
Sesión maxistral B5 B7 C7 C8 Un 10 % da nota final responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso. Observarase o seu aproveitamento e evolución, mais tamén e moi especialmente a súa dinámica na aula, a forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo. 10
 
Observacións avaliación

1. A CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE rexerase polas seguintes normas:
1.1. Se na avaliación dalgún dos tres tipos de tarefas realizadas no curso non se acadou o nivel de aprobado, deberán reelaborarse para seren cualificadas de novo coas mesmas porcentaxes que na primeira oportunidade.
1.2. As tarefas que teñan acadado o nivel de aprobado na 1.ª oportunidade tamén poderán reelaborarse, se así o decide o/a estudante. En caso contrario, nesta 2.ª oportunidade manterase a cualificación que se obtivo na 1.ª oportunidade.
1.3. As tarefas que non se teñan presentado na 1.ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas nesta 2.ª oportunidade coa mesma porcentaxe da cualificación final que se lles asigna na 1.ª oportunidade.
1.4. Na avaliación da 2.ª oportunidade tamén se terá en conta a cualificación obtida na 1.ª por asistencia, participación e desempeño, que corresponde ao 10 % da cualificación final. Ao estudantado que non teña cualificación neste apartado por ausencias xustificadas ou por dispensa de asistencia, o 10 % correspondente integraráselles na nota do traballo tutelado (que, deste xeito, equivalerá ao 55 % da cualificación final).
 
2. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO:
2.1. Recibirán a cualificación de NON PRESENTADO (NP) os/as estudantes que non presenten o traballo tutelado ou non realicen de forma completa algún dos outros dous grupos de tarefas e teñan acadado o nivel de aprobado nas restantes.

3. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA
3.1. Aos/Ás alumnos/as matriculados/as a tempo parcial e con DISPENSA ACADÉMICA oficial concedida deberá pórse en contacto co profesor da materia no inicio do curso e asistir ás titorías obrigatorias para planificar, en cada situación concreta os axustes necesarios na avaliación.


4.OUTRAS OBSERVACIÓNS
4.1. Calquera falta de honradez académica (copia, plaxio ou utilización de material non original ou ideas doutras autorías sen indicación expresa da súa procedencia etc.), tanto na realización de traballos como na proba mixta, será penalizada de acordo co estipulado nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das calificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" e no "Regulamento disciplinar do estudantado da Universidade da Coruña". Así, o/a estudante será cualificado/a con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatorio correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se producir na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, modificarase a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se for necesario. Para detectar o plaxio ou o uso de intelixencia artificial nas actividades poderán empreñares aplicacións informáticas como Turnitin.

4.2. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas de apoio á diversidade. De ser o caso, deberán
contactar cos servizos disponíbeis na UDC / no Centro: nos prazos oficiais
estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa
Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa
Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico:
pat.filoloxia@udc.gal).

4.3. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, será incorporada a perspectiva de xénero nesta materia: usarase linguaxe non sexista, utilizarase -na medida do posíbel- bibliografía de persoas de diferentes identidades de xénero, propiciarase a intervención de alumnos e alumnas na aula... Alén disto, serán fomentados os valores do respecto e da igualdade, e non serán aceptadas nin a reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Finalmente, se foren identificadas situacións de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións e medidas concretas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes