Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Análise da conversa aplicada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A3 A5 A6 A7 B1 B2 B4 C8 O traballo tutelado exporase na clase ante os compañeiros o derradeiro día de clase. Valorarase a soltura na exposición, o tratamento do tema, a adecuación á situación e ó tempo, a estrutura do discurso, a utilización de axudas técnicas, entre outros aspectos. 20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 C1 C4 C6 C7 Consistirá nun traballo individual no que se aplicarán os contidos estudados na materia. A información detallada sobre o contido e as características formais explicaranse na clase e exporanse no Campus Virtual. Valorarase a elección do tema, o tratamento, a súa aplicación, a base teórica, a redacción e o estilo adecuados, entre outros aspectos.
A data límite de entrega será o 25 de abril.
50
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A7 B2 B3 B4 B10 C8 Neste apartado inclúense os exercícios prácticos, resumos e comentarios sobre as lecturas propostas, comentarios e análises de discursos conversacionais, etc. Corrixiranse e avaliaranse en cada sesión. Con todo, cando a profesora requírao entregaranse a través do Campus Virtual para a súa avaliación 30
 
Observacións avaliación
1. Terán a calificación de "Non presentado" os alumnos que non realizaren o traballo tutelado.

2. Na segunda oportunidade  a avaliación consistirá nun traballo tutelado (50 %) e outras actividades como as incluídas no apartado "Estudo de casos" (50 %). Gardarase a nota das actividades comprendidas en "Estudo de casos" no seu conxunto, ou do traballo tutelado que xa foron aprobados na primeira oportunidade. A data límite de entrega é o 28 de xuño.

3. Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nuna actividade teórico-práctica proposta con antelación pola profesora.

4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, á dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" para a detección do plaxio.

5. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

6. Os traballos e restantes actividades entregadas fora da data establecida se penalizarán con un 50% da nota.

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os seguintes:

-Traballo tutelado (50 %): coas mesmas características que para o resto dos alumnado.

-Outras actividades (50 %): proporanse específicamente para estes alumnos nun apartado especial para eles no Campus Virtual. Consistirán en resumos, e actividades a partir de lecturas, e outras iguais ou semellantes ás realizadas polo resto dos alumnos.

As titorías concertaranse por correo electrónico e realizaranse en horas adecuadas tanto para o alumno como para a profesora.

Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través do Campus Virtual e do correo electrónico.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes