Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Dixitalización e edición
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 B2 B4 B8 C5 C6 C8 Constará de dúas partes: 1. Dixitalización dunha obra editada en papel (ou parte dela) seguindo os pasos/fases do proceso de dixitalización que se verán nas aulas (45 % da cualificación final). 2. Preparación da edición dun texto mediante a recopilación da actividades realizadas nas sesións de obradoiro (15 % da cualificación final). 60
Obradoiro A10 B2 B3 B7 Tarefas de edición, corrección e maquetación de textos. 15
Sesión maxistral B1 B3 B5 B6 B7 B10 C7 Avaliarase a participación significativa nas sesións. 10
Prácticas a través de TIC A10 B2 C6 Posta en práctica dos contidos da materia mediante actividades realizadas con programas de edición de textos. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario acadar nas prácticas a través de TIC, no obradoiro e no traballo tutelado unha puntuación mínima de 4 (sobre 10). De non obter esta puntuación en cada un destes mecanismos de avaliación, a cualificación nas actas será, como máximo, de 4,9 puntos.

Na segunda oportunidade deberanse presentar actividades equivalentes aos mecanismos de avaliación non superados. Estas actividades serán propostas e entregadas na plataforma Moodle. A cualificación correspondente á participación na sesión maxistral, de non terse superada, obterase mediante actividades alternativas que se realizarán a través de Moodle.

En caso de non presentar o traballo tutelado nos prazos e forma estipulados, o/a estudante será cualificado/a como non presentado.

O estudantado con dispensa académica de asistencia será avaliado mediante o traballo tutelado e actividades correspondentes ás prácticas e aos obradoiros. A cualificación correspondente á participación nas sesións maxistrais obterase mediante unhas actividades alternativas que se realizarán mediante Moodle.

Poderanse adoptar as adaptacións oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes