Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Comunicación multimodal
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Comunicación multimodal Código 613836051
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Fernández Ferreiro, Manuel
Correo electrónico
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
Profesorado
Fernández Ferreiro, Manuel
Correo electrónico
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da comunicación multimodal desde unha perspectiva pragmática, baseada na interpretación contextualizada dos diversos recursos en uso. Prestarase especial atención á análise da estrutura, a organización informativa e o uso dos distintos recursos na comunicación multimodal, en distintos ámbitos e para distintos propósitos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Ningunha. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas, que pasarán de ser presenciais a non presenciais de ser necesario. O/a estudante deberá seguir en vivo as sesións non presenciais, que se celebrarán no mesmo horario das presenciais. De consideralo necesario, o profesor gravará estas sesións para poñelas a disposición dos matriculados na materia. *Metodoloxías docentes que se modifican Prescindirase das tarefas que esixan traballo colaborativo, excepto que este se poda desenvolver non presencialmente. Ademais, os/as estudantes deberán achegar preguntas ao profesor antes de cada sesión de traballo sobre os materiais que se vaian tratar. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado As titorías faranse de forma non presencial por videoconferencia (Teams), tanto por iniciativa do profesor como dos/das estudantes. O/a estudante deberá acudir ás titorías e a toda reunión que o profesor convoque. O estudante poderá contactar co profesor por correo electrónico e Teams. 4. Modificacións na avaliación Só haberá unha modificación: cando non for posible que os/as estudantes presenten e defendan os seus traballos diante dos participantes na materia, avaliaranse no seu lugar os materiais de apoio expositivo que compartirán cos compañeiros/as. *Observacións de avaliación: Calquera modificación non prevista que as circunstancias grupais e persoais aconsellen, serán negociadas cos estudantes. Terase sempre en conta que a avaliación debe responder aos contidos impartidos e ás tarefas realizadas protexendo a igualdade de oportunidades dos/das estudantes. Procurarase que as solucións sexan colectivas, pero tamén se considerarán os necesidades específicas que podan aparecer entre os/as estudantes. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Estes recursos serán aportados polo profesor ou estarán accesibles electronicamente de forma libre, ou polos medios que a universidade facilite. De non ser así, o profesor deberá facilitarllos ou substituílos por outros si accesibles, sen custo extraordinario para o/a estudante.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes