Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Comunicación multimodal
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
5
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B10 C5 C6 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
5
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C3 C5 Traballo individual tutelado polo profesor no que o/a estudante aplicará o aprendido na materia. O tema será acordado co profesor. 35
Lecturas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
5
Prácticas a través de TIC A1 A3 A4 A9 A10 B2 B8 C3 C5 C6 C7 C8 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
5
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B10 C1 C2 C4 C6 C7 C8 O/a estudante só poderá optar por esta posibilidade na segunda oportunidade, en substitución do traballo tutelado e se o profesor o considera oportuno. A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación. 5
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
40
 
Observacións avaliación

As porcentaxes aportadas arriba non responden á distribución real, e deberon ser incluídas por esixencias da aplicación.

1. A cualificación final do estudante na primeira oportunidade responderá á seguinte distribución:

1.1. Un 35% responderá ao/s traballo/s tutelado/s individual/es que debe realizar, incluíndo a súa posible exposición e defensa, e mesmo aos materiais desenvolvidos para achegarlles os contidos aos demais participantes no curso. Non se poderá superar a materia sen realizar este/s traballo/s: serán un ou dous.

1.2. Un 55% responderá ás actividades e tarefas avaliables encomendadas ao longo do curso (individuais e grupais, presenciais e non presenciais: serán entre dúas e cinco) e que o profesor recolla e puntúe. Estas actividades terán un peso maior ou menor na cualificación dependendo da súa dificultade ou da dedicación que esixan.

1.3. Un 10% responderá á participación e desempeño do/a estudante no desenvolvemento da materia, é dicir, nas aulas presenciais, nas non presenciais e no traballo fóra delas.

1.4. Superará
a materia
quen teña unha cualificación global mínima de 5.00 puntos, sempre que realizara polo menos o(s) traballo(s) tutelado(s) e a metade das actividades e tarefas avaliables. Recibirá a cualificación de Non Presentado (N.P.) quen non realizase ningún dos traballos tutelados e, ademais, entregara menos da metade das actividades e tarefas avaliables.

1.5. Quen teña unha dispensa académica oficial, poderá substituír as tarefas avaliables que requiran a presencia na aula por outras actividades ou por unha proba mixta que realizará o día do exame oficial da materia. Será o profesor quen o decida atendendo ao carácter das tarefas e ás condicións específicas do/a estudante.

1.6. Os prazos de entrega e valor de cada tarefa comunicaranse co encargo: todas as actividades e traballos entregaranse durante o período de aulas da materia; o prazo de entrega da última tarefa finalizará, como moi tarde, aos dez días da última aula presencial.

1.7. A materia poderá ser adaptada ao alumnado que precise da adopción de
medidas de apoio á diversidade, consonte ás indicacións da Unidade de
Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/),
coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade.
Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal). En todo caso, quen solicitou que se lle recoñeza a
condición de estudante con adaptación e aínda non se lle comunicou a decisión,
debe informar ao coordinador da materia (manuel.fernandez.ferreiro@udc.gal)..

2. Quen non superara a materia, disporá dunha segunda oportunidade no mes de xullo. Nela conservaránselle as cualificacións de actividades superadas. O/a estudante ten dúas opcións:

Opción A. Realizar os traballos e actividades non entregados ou non superados na primeira oportunidade: pode ter que realizar as mesmas ou unhas substitutivas que lle indicará o profesor. A distribución porcentual para obter a cualificación final será igual á da primeira oportunidade. O prazo de entrega finaliza na data e hora oficiais establecidas para a proba obxectiva. Esta opción aplicarase por defecto.
Opción B. Realizar as actividades non entregadas ou non superadas na primeira oportunidade (55%), e unha proba obxectiva (na data oficial establecida) que substitúe o(s) traballo(s) titorizado(s) (35%). Esta opción é extraordinaria e só se aplicará se están de acordo profesor e estudante: será o profesor quen a autorice ou recomende, tras a avaliación da primeira oportunidade, se considera que as circunstancias específicas do/a estudante o aconsellan.

Nas dúas opcións, se o/a estudante ten suspensa a parte de participación (10%, apartado 1.3), esta non computará, e cada unha das outras dúas gañará un 5% de peso na cualificación final.

Estas opcións son tamén de aplicación aos/ás estudantes con dispensa académica oficial.

3. Na oportunidade de avaliación adiantada, o estudante será avaliado exclusivamente mediante unha proba mixta de carácter teórico-práctico, pola que obterá o 100% da cualificación.

4. A fraude académica é absolutamente inaceptable. O profesor/a poderá utilizar ferramentas de busca e
anticopia (entre elas Turnitin) para detectar plaxios nos materiais que
desenvolvan os/as estudantes durante o curso. De atopárense coincidencias que
exceden o razoable, terá consecuencias na súa cualificación: desde a minoración
da cualificación ou o suspenso no traballo específico, ata a cualificación global de
suspenso na materia. Lémbrase a este respecto que o Regulamento disciplinar do estudantado da UDC recolle que a fraude
académica é unha falta grave ou moi grave, e establece as sancións para estes
casos: véxanse, entre outros, os artigos 10.3.f e 11.4.b (https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007335).


Lémbrase que o mesmo Regulamento prohibe
a gravación, uso e distribución indebidos dos materiais utilizados nas materias:
non se poderán gravar ou distribuír por medio algún os materiais escritos e audiovisuais
utilizados na materia, con propósitos alleos aos propios dela.


A expresión escrita e a oral serán sempre axeitadas. A falta de corrección
ortográfica, de estilo e/ou de adecuación expositiva reflectirase negativamente
nas cualificacións.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes