Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Comunicación multimodal
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndaselle ao/á estudante que lea atentamente esta guía docente. Nela atopará resposta a case todas as preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso; pode acudir ao profesor para aclarar calquera cuestión ao respecto. Particulamente, debe prestar especial atención ao seguinte:

  1. Asista ás aulas regularmente e ás titorías e reunións establecidas fóra delas, tanto presenciais como non presenciais.
  2. Realice puntualmente as lecturas de curso encomendadas antes de que sexan tratadas nas aulas.
  3. Participe activa e criticamente nas aulas expoñendo as súas ideas e dúbidas, ademais de escoitando e valorando as dos outros/as estudantes.
  4. Traballe colaborativamente cos seus compañeiros/as.
  5. Entregue puntualmente as tarefas encomendadas no momento, forma e soporte establecidos.
  6. Nas exposicións escritas débense coidar a corrección ortográfica, o estilo e a adecuación expositiva; de igual forma, as exposicións orais deben adecuarse ao contexto académico e aos obxectivos perseguidos. De non ser así, reflectirase negativamente nas cualificacións.
  7. Acuda ao profesor para aquelas dúbidas que precisen unha atención ou guía máis individualizada.
  8. O plaxio total ou parcial é inadmisible. Pode conlevar a perda de máis puntuación có valor da actividade afectada, e mesmo o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra. Considérase moi grave a copia total ou parcial de traballos elaborados por outros/as estudantes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes