Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Comunicación escrita
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B4 B8 C1 C3 C5 C7 O 50% da cualificación desta materia analízase en dous conceptos: o 10% por asistencia e participación nas clases, por unha parte, e o 40% por as diferentes actividades, por outra.

No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno adquirirá ao longo do curso.
Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outros aspectos.
50
Traballos tutelados A7 A10 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C3 C6 C7 C8 Trátase dun traballo escrito individual relacionado coa materia. Será obligatorio o seguimento por parte do profesor.
Valoraranse os coñecementos, habilidades e competencias adquiridas, isto é: o correcto e completo manexo das fontes; a capacidade do alumno para levar á práctica os fundamentos teóricos aprendidos; a orixinalidade e a creatividade; a autonomía no traballo, e a capacidade para planificar e xestionar o traballo con autonomía e eficacia. Tamén, valoraranse a corrección idiomática, a estruturación da información (en definitiva, a coherencia do texto final) e a cohesión.

50
 
Observacións avaliación

1. Na segunda oportunidade  a avaliación consistirá nun traballo tutelado (50 %) e outras actividades como as incluídas no apartado "Obradoiro" (50 %). Gardarase a nota das actividades comprendidas en "Obradoiro" no seu conxunto, ou do traballo tutelado que xa foron aprobados na primeira oportunidade.

3. Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nuna actividade teórico-práctica proposta con antelación polo docente.

4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, ou outras formas) penalizarase coa aplicación do establecido na normativa académica respecto diso. Compre sinalar que a Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado. Esta ferramenta permite detectar textos ou porcións procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades.

5. Cualificarase como «NP» (non presentado) a
quen non entregue o traballo final tutelado en ningunha das dúas
oportunidades. 

6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia

Deben informar ao docente da súa condición ao comezo do cuadrimestre.

Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os seguintes:

-Traballo tutelado (50 %): coas mesmas características que para o resto dos alumnos.

-Outras actividades (50 %): proporanse específicamente para estes alumnos.

As titorías concertaranse por correo electrónico e realizaranse en horas adecuadas tanto para o alumno como para a profesora.

Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través do Campus Virtual e do correo electrónico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes