Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Comunicación escrita
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B4 B8 C1 C3 C5 C7 O 50 % da cualificación desta materia divídese en dous conceptos: a asistencia e participación nas aulas (10 %) e a avaliación das diferentes actividades (40 %).
No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumnado adquirirá ao longo do curso.
Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outros aspectos.
50
Traballos tutelados A7 A10 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C3 C6 C7 C8 Trátase dun traballo escrito individual relacionado coa materia. Será obligatorio o seguimento por parte do profesorado.
Valoraranse os coñecementos, habilidades e competencias adquiridas, isto é: o correcto e completo uso das fontes; a capacidade do alumnado para levar á práctica os fundamentos teóricos aprendidos; a orixinalidade e a creatividade, e a capacidade para planificar e xestionar o traballo con autonomía e eficacia. Tamén, valoraranse a corrección idiomática, a estruturación da información (en definitiva, a coherencia do texto final) e a cohesión.

50
 
Observacións avaliación

1. Cualificarase como Non presentado (NP) a
quen non entregue o traballo final tutelado.

2. Na segunda oportunidade a avaliación consistirá nun traballo tutelado (50 %) e outras actividades como as incluídas no apartado "Obradoiro" (50 %). Gardarase a nota das actividades que xa foron aprobadas na primeira oportunidade.

3. Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nunha actividade teórico-práctica proposta con antelación pola persoa responsable da docencia.

4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón de ferramentas para a detección do plaxio, como Turnitin.

5. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).


Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

Deben informar á docente da súa condición ao comezo do cuadrimestre e estar especialmente pendentes da comunicación a través do Campus Virtual e do correo electrónico.

Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os seguintes:

  • Traballo tutelado (50 %): coas mesmas características que para o resto do alumnado.
  • Outras actividades (50 %): proporanse específicamente para o estudantado con dispensa académica.

As titorías concertaranse por correo electrónico e realizaranse en horas adecuadas tanto para o alumnado como para o profesorado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes