Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Planificación lingüística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B8 C1 C2 A alumna-o realizará unha exposición oral, no fin do mestrado, relativa a un dos pontos do temario. 40
Lecturas A1 A8 A9 A10 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 C6 Análise e comentario de textos sobre a planificación lingüística como concepto e disciplina, e sobre sociolingüística galega contemporánea. 30
Seminario A1 A7 A9 A10 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C7 Discusión fundamentada sobre o concepto de planificación lingüística, a súa configuración disciplinar e as suas aplicacións, e sobre sociolingüística e normalización da lingua galega. 30
 
Observacións avaliación
Para superar a materia será necesario asistir regularmente ás aulas, realizar como mínimo o 60% das actividades propostas e obter como mínimo unha nota de 4 valores, sobre 10, na presentación oral.

Recibirán a cualificación de non presentado os/as estudantes que non asistiren regularmente ás aulas e/ou non realizaren, como mínimo, o 60% das actividades propostas.

Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo), o alumnado será avaliado co mesmo sistema previsto para a primeira oportunidade. Deberá realizar aquelas actividades non entregadas na primeira convocatoria, ou que non obtiveron como mínimo o 40% da nota máxima de cada actividade. A data de entrega das actividades será anunciada polo profesor con antecedencia suficiente.

O alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica terá o seguinte sistema de avaliación: lecturas (40%) e traballo tutelado (60%). O traballo tutelado versará sobre os mesmos temas e terá unha estrutura análoga á prevista para a presentación oral na primeira convocatoria.

Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación indicado para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes