Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  A avaliación de dicionarios
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A7 A10 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C3 C4 C6 Valorarase a participación activa e interacción cos compañeiros e coa profesora. 20
Lecturas A1 B1 C6 O alumno deberá realizar unha proba de lectura, que se determinará ao inicio do curso. 20
Sesión maxistral A1 B1 Asistencia e actitude participativa. 10
Traballos tutelados A4 A5 A7 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C6 C8 Valorarase a correcta aplicación dos coñecementos adquridos durante o curso, así como a súa correcta expresión escrita. 50
 
Observacións avaliación

As probas obxecto de avaliación e as porcentaxes poderán sufrir algunha variación se ao longo do curso xorden elementos imprevistos que alteren dalgunha maneira o seu normal desenvolvemento ou se programan actividades que se considere de interese avaliar (xornadas, exposicións...).

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades avaliables nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que a profesora comunicará ao alumnado afectado ao inicio do curso.

Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar as actividades que non realizase ou suspendese ao longo do curso. Se algunha delas non puidese realizarse nas mesmas condicións (obradoiro), será substituída polo profesor por outra equivalente, que será comunicada convenientemente ao alumno.

O alumno será avaliado (isto é, non será considerado NP) se entrega unha das dúas actividades previstas (proba de lectura ou traballo tutelado).

As faltas contra a corrección lingüística serán penalizadas.

Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 en cada unha das actividades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes