Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Contacto de linguas e as súas consecuencias
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A8 B1 B4 B6 C1 C8 Comprende a asistencia e participación nas sesións presenciais. 15
Recensión bilbiográfica B2 B4 B5 B9 C1 A puntuación neste apartado consistirá na nota media dos informes de lectura. 65
Obradoiro A1 A3 A5 A8 A9 B1 B2 B4 B5 B6 B9 C1 C6 C8 Comprende todas as actividades e tarefas, tanto as desenvolvidas na aula como as encomendadas para traer preparadas, exceptuando as recensións bibliográficas. 20
 
Observacións avaliación

Cualificación de Non Presentado. Recibirán cualificación de Non
Presentado (N.P.) solo aquelas persoas que entreguen ou realicen menos
de tres actividades avaliables das encomendadas dentro da metodoloxía obradoiro ou recensión bibliográfica.

Segunda oportunidade

Quen non acade a cualificación mínima de 5 puntos ao final do período lectivo, deberá entregar, antes da data de xullo que se indique, os traballos non entregados no seu momento ou ben repetir os avaliados negativamente, segundo o caso. A asistencia ás sesións de clase non é recuperable nesta segunda oportunidade.

Estudantes con dispensa académica recoñecida

Non se considerará a porcentaxe correspondente a "Sesión maxistral". A puntuación alcanzada nos
traballos encomendados suporá o 100% da nota final, tanto na primeira como na
segunda oportunidade, distribuida proporcionalmente aos apartados "Obradoiro" (18,75%) e "Recensión bibliográfica" (81,25%).

Sobre a honestidade intelectual e académica

As condutas irregulares e ilexítimas (plaxio, copia, falsificación, etc.) na realización das
actividades, tarefas ou probas,
alén das consecuencias que podan ter sobre a nota na materia, poden estar suxeitas -- dado o carácter patentemente inxusto de querer
autofavorecerse ilicitamente e polo tanto de perxudicar as/os
compañeiras/os
-- a penalización disciplinar do/a estudante infractor/a por parte da Universidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes