Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Contacto de linguas e as súas consecuencias
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A8 B1 B4 B6 C1 C8 Comprende a asistencia e participación nas sesións presenciais. 15
Recensión bilbiográfica B2 B4 B5 B9 C1 A puntuación neste apartado consistirá na nota media dos informes de lectura. 65
Obradoiro A1 A3 A5 A8 A9 B1 B2 B4 B5 B6 B9 C1 C6 C8 Comprende todas as actividades e tarefas, tanto as desenvolvidas na aula como as encomendadas para traer preparadas, exceptuando as recensións bibliográficas. 20
 
Observacións avaliación

Entrega semanal das distintas actividades. Dado que a avaliación contínua é o método de avaliación que se seguirá, os/as estudantes deberán realizar cada semana unha actividade avaliable (recensión bibliográfica, traballo tutelado, solución de problemas, etc.).

Cualificación de Non Presentado. Recibirán cualificación de Non
Presentado (N.P.) solo aquelas persoas que entreguen ou realicen menos
de tres actividades avaliables das encomendadas dentro da metodoloxía obradoiro ou recensión bibliográfica.

Segunda oportunidade. Quen non acade a cualificación mínima de 5 puntos ao final do período lectivo, deberá entregar, antes da data de xullo que se indique, os traballos non entregados no seu momento ou ben repetir os avaliados negativamente, segundo o caso. A asistencia ás sesións de clase non é recuperable nesta segunda oportunidade.

Estudantes con dispensa académica oficial (DAO) recoñecida. Non se considerará a porcentaxe correspondente a "Sesión maxistral". A puntuación alcanzada nos
traballos encomendados suporá o 100% da nota final, tanto na primeira como na
segunda oportunidade, distribuida proporcionalmente aos apartados "Obradoiro" (18,75%) e "Recensión bibliográfica" (81,25%).

A materia poderá adaptarse para o estudantado que precise medidas de apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). O/a estudante que se atopar nesta situación debe contactar cos servizos dispoñibles na UDC nos prazos oficiais marcados antes de cada cuadrimestre académico: a Unidade de Atención á Diversidade (http://www.udc.gal/cufieU/ADI/). Pódese contar tamén co asesoramento do Tutor ou Tutora ADI da Facultade de Filoloxía. En calquer caso, se solicitaron que lles sexa recoñecida a condición de estudante con adaptación e aínda non se lles comunicou a decisión, deben informar ao coordenador da materia (celso.alvarez.caccamo@udc.gal).

As condutas irregulares e ilexítimas na realización das actividades, tarefas ou probas (suplantación da identidade, plaxio, copia, falsificación ou compra de traballos, recepción de axuda doutras persoas, utilización de respostas ou solucións doutros anos, utilización de recursos informáticos ou doutro tipo non autorizados, etc.), acarretan automaticamente a cualificación de Suspenso (0) nessa tarefa ou exame, e, dependendo da sua gravidade, poden acarretar Suspenso (0) na oportunidade correspondente. Lémbrase a este respecto que o Regulamento disciplinar do estudantado da UDC recolle que a fraude académica é unha falta grave ou moi grave, e establece as sancións para estes casos, incluindo a expulsión temporaria da Universidade; véxanse, entre outros, os artigos 10.3.f e 11.4.b (https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007335).

O material distribuído polo profesorado nas aulas ou polo Campus Virtual ou outras plataformas é de uso exclusivo para a materia. Non se permite de maneira nengunha o seu uso ou distribución para outros propósitos, por medios virtuais, nin para persoas alleas ao curso. A vulneración destas restricións está recollida como falta no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC.

Non se permite a gravación por nengún medio das sesións de aulas, fora das realizadas polo profesorado para posíbeis fins de ensino virtual, e as realizadas para estudantes con adaptación. A gravación e utilización non autorizadas son recollidas como faltas graves no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes