Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 1
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua Galega 1 Código 613G01002
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Freixeiro Mato, Xose Ramon
Correo electrónico
ramon.freixeiro@udc.es
Profesorado
Freixeiro Mato, Xose Ramon
Lourenzo Modia, Cilla
Correo electrónico
ramon.freixeiro@udc.es
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia céntrase no estudo descritivo e instrumental da lingua galega, así como na elaboración e análise de textos orais e escritos de diferentes ámbitos e de calquera época. Alén diso, preténdese potenciar no alumnado a capacidade comunicativa, o contraste de ideas e o pensamento crítico, fomentar a aprendizaxe autónoma e o traballo cooperativo e mais integrar o labor académico no noso contexto social e cultural.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións nos contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas: sesión maxistral, lecturas, "obradoiro, traballo tutelado, presentación oral, eventos científicos e/o divulgativos e proba mixta. *Metodoloxías docentes que se modifican Mantéñense todas as metodoloxías docentes; porén, en varias delas múdase o modo de realización. Así, a sesión maxistral e o obradoiro faranse por Teams. A proba mixta realizarase de maneira asíncrona, a través de Moodle, e a presentación oral levarase a cabo en Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado As titorías desenvolveranse por Teams previa cita (que se concertará por e-mail no mínimo con un día de antecedencia). 4. Modificacións na avaliación A proba teórico-práctica levarase a cabo de maneira asíncrona a través de Moodle. A exposición oral realizarase a través de Teams, despois da proba mixta; comunicarase por Moodle as horas en que cada alumno/a deberá levar a cabo a dita exposición. O evento científico e/ou divulgativo realizarase a través de Teams e a entrega da recensión derivada deste farase en Moodle. O traballo tutelado entregarase a través de Moodle. *Observacións de avaliación: Ningunha. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes