Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en aulas fundamentalmente expositivas á volta dos contidos básicos da materia, unhas aulas en que se utilizarán diversos textos de carácter teórico-práctico seleccionados especificamente para facilitar a análise e a comprensión dos contidos.
Alén disto, nestas sesións coordinaranse actividades individuais ou grupais, resolveranse as dúbidas a respecto dos contidos propostos e achegarase bibliografía específica para cada tema.
Lecturas O estudantado deberá realizar, fóra da aula, lecturas puntuais obrigatorias para poder levar a cabo certas actividades propostas (exercicios, debates, comentarios etc.) e atinxir unha boa calidade lingüística.
Obradoiro Nas sesións de grupo intermedio e reducido, co apoio do profesorado da materia, realizaranse diversas ACTIVIDADES PRÁCTICAS sobre temas concretos do temario para asentar os coñecementos adquiridos nas aulas maxistrais.
A combinación de diferentes modalidades formativas de carácter práctico (exercicios estruturais, estudos de casos e solucións de problemas, análises e correccións de documentos orais e escritos, redaccións, debates, traballo en grupo etc.) permitirá ao alumnado desenvolver eficazmente tarefas relacionadas cos contidos da materia.
Solución de problemas Como complemento das actividades presenciais, o profesorado solicitará unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS que os/as estudantes deberán realizar en horas non presenciais e entregar nas datas marcadas.
Presentación oral Nas últimas semanas do cuadrimestre, o alumnado terá que desenvolver en grupo unha proba oral.
Proba mixta Realizarase unha PROBA ESCRITA final en que se deberán mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes