Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B7 B8 No OBRADOIRO avaliarase a participación, o traballo en grupo, a adecuación, coherencia e cohesión lingüística e de expresión (oral e escrita), así como o correcto desenvolvemento das diversas ACTIVIDADES PRÁCTICAS deseñadas nas aulas de grupo intermedio e reducido.
5
Proba mixta A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B4 B5 B6 B7 Na 1.ª oportunidade (xaneiro) realizarase unha PROBA MIXTA ESCRITA en que se avaliarán os contidos e as competencias adquiridas na materia (nomeadamente a competencia gramatical e a compentencia comunicativa escrita). 50
Solución de problemas A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 Nas ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais avaliaranse a corrección lingüística, a adecuación, coherencia e cohesión textuais, a competencia comunicativa escrita etc.
Estas actividades, consistentes na redacción en grupo do texto base para a presentación oral e a corrección individual dun dossier de textos, deberán entregarse nos días fixados.
30
Presentación oral A4 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B8 Na PRESENTACIÓN ORAL avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais) do alumnado, así como a correcta execución das tarefas propostas. 15
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS

1.1. Para superar a materia, é
preciso aprobar a PROBA MIXTA ESCRITA, a PRESENTACIÓN ORAL e as ACTIVIDADES PRÁCTICAS
avaliábeis
do apartado SOLUCIÓN DE PROBLEMAS (cun mínimo de 5 puntos sobre
10).

1.2. Todas as probas e actividades
deberán cumprir unhas exixencias mínimas
de
corrección lingüística
(ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións,
precisión léxica etc.).

1.3. As actividades prácticas entregaranse unicamente na aula, en
papel, nos días fixados polo profesorado.

1.4. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación
final de actividades se estas foren entregadas fóra de prazo sen causa
xustificada. Así, se se detectar plaxio, este levará consigo o suspenso da
actividade.

1.5. Os/As alumnos/as
que non superaren a materia en xaneiro poderán recuperala parcial ou totalmente na 2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas
detalladas na epígrafe seguinte.


2. CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE (xullo)

2.1. Os/As estudantes que suspenderen
a PROBA MIXTA ESCRITA deberán facer outra
proba do mesmo tipo que a da 1.ª oportunidade na data, hora e lugar
establecidos no calendario oficial de exames da Facultade para a 2.ª
oportunidade. Esta proba suporá igualmente o 50% da cualificación final e será preciso obter 5 puntos sobre 10 para aprobar.

2.2. Os/As estudantes que suspenderen
as ACTIVIDADES PRÁCTICAS avaliábeis (que
se corresponden co apartado SOLUCIÓN DE PROBLEMAS) deberán realizar outras actividades substitutivas que se lles
encomendaren e que constituirán o 45%
da cualificación final. Para este efecto, o profesorado da materia fará
públicas, xunto coas cualificacións da 1.ª oportunidade, as instrucións
correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega etc.). Así, igual que na 1.ª oportunidade, o/a alumno/a deberá ter realizado e aprobado (con 5 puntos sobre 10) todas as
actividades
que foren solicitadas.

2.3. Os/As estudantes que non atinxiren a puntuación mínima na PRESENTACIÓN
ORAL
(con 5 puntos sobre 10),
que supón o 5% da cualificación final,
terán que defendela de novo na 2.ª oportunidade. Esta proba oral realizarase a seguir á proba mixta escrita da 2.ª oportunidade.


3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO

3.1. En cada oportunidade de
avaliación o/a alumno/a recibirá a cualificación de NON PRESENTADO (NP) se non se presentar á proba escrita e, alén disto, se o número de actividades avaliábeis
presentadas for inferior ao 50%.


4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL CON DISPENSA
ACADÉMICA

4.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica
recoñecida
deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na
avaliación no tocante ás
actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais
equivalentes).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes