Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Cultura Clásica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A13 B8 O estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor mediante un control de lectura. 10
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 B5 B7 C3 Un 40% da calificación final resultará dos exercicios prácticos (de análise lingüística, de comentario literario de textos, etc) propostos aos estudantes durante as sesións prácticas ou de xeito autónomo. 40
Proba obxectiva A23 B1 B6 O estudante efectuará dúas probas: unha en metade do cuatrimestre, sobre cuestións de lingua (cinco primeiros temas) e outra a fins do cuatrimestre, sobre cuestións de literatura (cinco últimos temas) 50
 
Observacións avaliación

As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. 

A cualificación mínima para aprobar a materia, resultado da suma das puntuacións acadadas polas distintas actividades de avaliación programadas, será de 5. 


Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xunio farán en xullo unha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre cuestións de lingua e de literatura, cuxo contido se limitará a aquelas partes que non tivesen superado previamente. 

De non realizar as dúas probas obxectivas previstas o estudante será cualificado como Non Presentado.

A avaliación da convocatoria extraordinaria de decembro consistirá nunha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre contidos de lingua e de literatura. 

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" artículo 14). 

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);  no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes