Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A10 Comentario e debate na aula da novela Los Pazos de Ulloa, de Pardo Bazán. A participación do alumnado presupón a lectura previa dos capítulos que se comentarán no correspondente obradoiro, cada venres. Deberán asistir ao obradoiro todos os alumnos matriculados, agás nos casos de dispensa académica e, se así o desexan, os repetidores, que terán que entregar o traballo escrito que se indica en Observacións á avaliación 20
Proba obxectiva A11 C7 Proba escrita (tipo test) para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos teóricos e prácticos estudados no curso e recollidos no temario da materia.
50
Discusión dirixida A11 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 Debate na aula na base do exposto nas sesións maxistrais e dos materiais (preferentemente textos)previamente distribuídos polo profesor e traballados polo alumno en horas non presenciais. Deberán participar todos os alumnos (agás aqueles con dispensa académica e os repetidores con incompatibilidade horaria), o que implica a asistencia obrigatoria ás sesións interactivas.
Valorizaranse as intervencións do alumnado na clase interactiva. Poderanse facer controis de asistencia a estas clases.
No apartado de Observacións á Avaliación indícase o traballo que sustitúe a asistencia ás clases interactivas no caso de repetidores ou de alumnos con dispensa académica.



30
 
Observacións avaliación

1. É obrigatorio ter entregado en tempo e forma as actividades que computan na avaliación. 

2. As actividades e probas que computan para a nota final e que fosen aprobadas na
primeira oportunidade son liberatorias, é dicir, non se repiten. Por
ex., se o estudante suspende na nota final, pero  acada un 5 ou superior puntuación na proba tipo test, non terá que voltar examinarse dela. Deberá recuperar soamente a interactividade e/ou taller,
suspensos.

3. Serán cualificados cun Non Presentado (PN) os alumnos que non asistan ao exame final escrito (proba obxectiva).

4. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán supor unha diminución da nota. 

5. Todos os alumnos matriculados na materia (incluídos os repetidores e os de dispensa académica) deben entregar unha ficha impresa con foto actualizada ao profesor coordinador, a fin de facilitar o seguimento e consigna das súas actividades na aula ou fóra dela. 

6. A materia poderá ser
adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio
á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou
relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos
disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais
estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa
Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía
(no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal)

7. Os alumnos en situación de matrícula a tempo parcial (dispensa académica) e os alumnos repetidores que non asistan ao obradoiro (venres) presentarán un resumo, capítulo a capítulo, cun comentario persoal ao final, da novela Los Pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán. O traballo, presentado en papel (NON dixitalizado) ao profesor coordinador da asignatura (J.M. Vázquez Lijó), terá as seguintes características: 7 folios (tamaño estándar A4) de extensión, dos que 5 serán de resumo e 2 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do traballo, co nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12; interlineado 1,5. A data límite para entregar o traballo será o 15 de abril de 2023. Este traballo substitutivo computará o 20% da nota final. 

8. Os alumnos en situación de matrícula a tempo parcial (dispensa académica) e os alumnos repetidores que non poidan asistir ás clases interactivas (discusión dirixida) deberán facer a recensión bibliográfica do seguinte libro: ÁLVAREZ JUNCO, José e
FUENTE MONGE, Gregorio de la (2017), El
relato nacional: historia de la historia de España
, Madrid, Taurus. O traballo, presentado en papel (NON dixitalizado) ao profesor coordinador da asignatura (J.M. Vázquez Lijó), terá estas características: 8 folios (tamaño estándar A4) de extensión, dos que 6 serán de resumo e 2 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do traballo, co nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12; interlineado 1,5. A data límite para entregar o traballo será o 15 de abril de 2023.  Este traballo substitutivo computará o 30% da nota final.

9. Posibilidades ofrecidas ao alumnado para RECUPERAR partes suspensas
9.1. Proba obxectiva: todos os estudantes (incluidos os de dispensa académica e os repetidores) deberán superar un novo exame tipo test a realizar na data fixada no calendario académico (2ª oportunidade: xullo) 
9.2. Interactividade (clases dos mércores)
9.2.1. presentar na data fixada no calendario académico (2ª oportunidade: xullo) a recensión do libro de ÁLVAREZ JUNCO coas mesmas características formais sinaladas no punto 8 destas Observacións
9.2.2. No caso de  alumnos con dispensa académica ou repetidores entregar (se non se fixera na 1ª convocatoria ata o 15 de abril) ou mellorar a devandita recensión do libro de ÁLVAREZ JUNCO coas mesmas características formais sinaladas no punto 8 destas Observacións
9.3. Obradoiro (clases dos venres)
9.3.1. presentar na data fixada no calendario académico (2ª oportunidade: xullo) o resumo-comentario persoal da obra Los Pazos de Ulloa, coas mesmas características formais sinaladas no punto 7 destas Observacións
9.3.2.  No caso de  alumnos con dispensa académica ou repetidores entregar (se non se fixera na 1ª convocatoria ata o 15 de abril) ou mellorar o resumo-comentario persoal da obra Los Pazos de Ulloa, coas mesmas características formais sinaladas no punto 7 destas Observacións
10. Os alumnos presentados á convocatoria extraordinaria de decembro concorren nas mesmas condicións sinaladas para a segunda oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes