Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Realizarase un exercicio combinado de comentario de texto literario e de control de lectura. Trátase de dúas probas (25% + 25%), en horario lectivo e á final de cada período (decembro e maio). 50
Proba obxectiva A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas (exames) pertinentes. 50
 
Observacións avaliación

As anteriores porcentaxes son orientativas.
Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte:

1. O 50% da cualificación final obterase polas
probas escritas (exames) en convocatorias oficiais de primeira e de segunda
oportunidade. Para aprobalas, e para aprobar a materia, deberase obter nelas un
mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame non é posible compensalo cun 7
polas actividades.

2. Con independencia do anterior, haberá un
exame opcional en xaneiro que permitirá liberar contidos da primeira parte da materia.
Volver a presentarse a esta parte nas convocatorias de maio e de xullo
significa que a segunda cualificación, sexa esta cal sexa, prevalece sobre a
primeira.

3. O 50 % restante obterase mediante a
realización de dúas actividades durante o curso. Trátase de dúas probas (25% +
25%), en horario lectivo e á final de cada período (decembro e maio), que
consistirán nun exercicio combinado de comentario de texto e de control de
lectura.

4. Como no curso anterior, no 2022-2023 non
computa para a nota a asistencia ás aulas, polo que desaparece o 10% de anos
anteriores. Porén, dado o carácter interactivo e o peso dos comentarios no curso, parece indispensable a asistencia.

5. Para obter cualificación é indispensable
presentarse ás convocatorias oficiais, tanto en primeira como en segunda
oportunidade.

6. Toda avaliación positiva de calquera das
partes será gardada para a cualificación da seguinte oportunidade, dentro do
mesmo curso. No caso das actividades, contará a media entre as de decembro e
maio, e a única recuperación delas será en xullo.

7. A convocatoria adiantada de decembro
consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha
proba específica sobre comentario e lecturas (50% da cualificación). Esta
última pode ser oral.

8. O alumnado con dispensa académica
recoñecida deberá
comunicar a súa situación por escrito a luis.caparros@udc.es, co asunto:
“Dispensa de asistencia 2022-2023", en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula.

9. O punto anterior é de aplicación tamén ao alumnadocon con problemas xustificados para a asistencia regular ás aulas.

10. As probas escritas e as actividades deberán
cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística en español, lingua
regulamentaria do curso: acentuación, ortografía, precisión léxica, ausencia de
abreviaturas, rexistro formal, etc. A penalización por faltas graves na escrita
será de medio punto en cada caso. Para estudantes de lingua estranxeira, será
indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión oral
como escrita.

11. Calquera forma de plaxio, como a cita de
traballos alleos sen a marca de tal ou sen a referencia correspondente, suporá
o suspenso para a proba ou traballo. O mesmo aplicarase a calquera forma de
copia indebida nas probas ou exames. O control farase mediante o programa de
detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

12. Forma parte das obrigas do alumnado estar
ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da
plataforma Campus virtual.

13. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán dirixirse aos servizos disponíbeis na UDC, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico: Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) ou coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

14. Lémbrase que os dereitos e deberes do
alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na web
institucional:

https://www.udc.es/estatuto O resto de normativa pode consultarse en:
https://www.udc.es/gl/normativa/estudantes/

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes