Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Literatura Galega Código 613G01012
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Segundo Obrigatoria 9
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Lourido Hermida, Isaac
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
isaac.lourido@udc.es
roberto.samartin@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Estudo da literatura galega a través dos seus textos máis representativos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá modificacións substanciais nos contidos, aínda que serán adaptados ás circunstancias da docencia non presencial. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Actividades iniciais. Lecturas. Para as lecturas de obras literarias será facilitado o acceso a formatos electrónicos. Prácticas a través de TIC. Traballos titorizados. *Metodoloxías docentes que se modifican Análise de fontes documentais. Os materiais serán colocados na plataforma Moodle e a súa análise será realizada segundo as indicacións facilitadas polo profesorado en Moodle e/ou nas sesións síncronas/asíncronas de Teams. Sesión maxistral. Será adaptada ás condicións de docencia non presencial ben facilitando presentacións xerais e breves lecturas complementares a través da plataforma Moodle, ben realizando sesións síncronas/asíncronas a través de Teams. Eventos científicos e/ou divulgativos. Será facilitada unha listaxe para a visualización de eventos a través da internet. Proba mixta. Será substituída pola realización e entrega de cuestionarios a través de Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Foro específico en Moodle, videotitorización a demanda a través de Teams, atención por correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación A avaliación mantense, coa excepción da proba mixta que será substituída pola realización de cuestionarios que avaliarán os coñecementos xerais do alumnado e o manexo das fontes de información facilitadas polo profesorado. *Observacións de avaliación: Continúan vixentes as incluídas na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía A bibliografía de referencia non será modificada, aínda que serán facilitados todos os materiais específicos precisos para o acompañamento da materia (en formato PDF ou URL) a través da plataforma Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes