Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 O traballo titorizado consistirá na redacción de unha entrada para a Galipedia ou na revisión doutra xa existente. O traballo será exposto oralmente na aula e a redacción definitiva será entregada unha semana despois da presentación oral.
Con carácter xeral o traballo realizarase en grupos de tres estudantes.
Instrucións específicas serán proporcionadas nas aulas e publicadas na plataforma moodle.
20
Seminario A11 A14 A15 B1 B3 B4 B7 B10 Nas sesións en forma de seminario, cada estudante deberá realizar a presentación oral dun artigo académico de acordo coas instrucións do profesorado.
Valorarase tamén a participación efectiva de cada estudante na discusión das presentacións no conxunto das sesións.
20
Proba mixta A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas etc.
Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade.
50
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 Cada estudante deberá asistir a dous eventos (conferencias, mesas redondas, exposicións etc.) de entre os recomendados polo profesorado ao longo do curso académico.
Sobre cada evento deberá ser cumprimentada a ficha de valoración que estará disponíbel na plataforma moodle.
10
 
Observacións avaliación














1. Requisitos para
superar a materia

Para superar a materia, tanto na
primeira como na segunda oportunidade, a
cualificación mínima da proba escrita
deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación
final da materia responderá á aplicación das porcentaxes das actividades
avaliábeis. Caso de a suma das cualificacións do conxunto superar o 5 mais sen
obter o mínimo de 4 na proba escrita, farase constar como cualificación final
4,9.

 2. Non presentado/a

Será considerado NON PRESENTADO/A quen non se
presente a ningunha das partes da proba escrita. 

Isto é, quen se presentar a calquera das probas escritas, terá a
consideración de PRESENTADO/A.

3. Segunda oportunidade

O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha
segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberán ser
presentadas/realizadas as actividades non superadas ou non presentadas
anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará o profesorado.

O alumnado que acadase a
cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4
sobre 10 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta.

4. Dispensa académica

O/a estudante que teña concedida dispensa académica terá condicións
especiais de avaliación:

1. Proba mixta (60%).

2. Traballo titorizado (25 %).

3. Seminario (15 %).

Para fixar as condicións
específicas do traballo titorizado e do seminario e, no seu caso, as datas de
entrega/realización de actividades o alumnado deberá pórse en contacto coa
profesora Teresa López (t.lopez@udc.gal) antes
do día 10 de outubro
.

5. Alumnado de segunda
matrícula e posteriores
ou con incompatibilidade
horaria por razóns laborais

O alumnado con estas características
que non poida asistir ás aulas con regularidade deberá alertar sobre este feito
a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 30 de setembro.

6. Convocatoria adiantada de
decembro

Consistirá na
realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50%
da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes