Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A6 A9 A15 Todos o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre, en formato de entrevista individual ou en parella, na que deberá mostrar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Avaliarase a capacidade de facerse entender, a súa coherencia, fluidez, pronuncia e tamén a complexidade e corrección léxicas e gramaticales. 10
Seminario B6 B3 B6 Avaliaranse a asistencia e participación dos alumnos (10%), e o seu rendemento nas actividades que levarán a cabo en clase ao longo do cuadrimestre (5%). 10
Presentación oral A6 A9 B2 B4 B6 C2 Ao alumno esixiráselle unha presentación acerca dun tema elixido por el / ela, que contén un elemento de polémica. Debe basearse nun texto extraido dunha revista, unha páxina de Internet, un periódico, etc, onde se expresa un punto de vista, e o alumno debe incluír e argumentar o seu propio punto de vista achega do tema. Esta proba é individual; non pode presentarse en parellas ou grupos, e debe levar a cabo sen ter apuntamentos diante. Poderase utilizar unha presentación con PowerPoint ou similar, pero a mesma só debe consultarse, non lerse. Proporcionaranse máis detalles no programa da materia que se atopará en Moodle. 20
Proba obxectiva B1 B2 B10 C2 C4 C4 Unha proba obxectiva (exame) baseada nos materiais usados en clase, a lectura adicional e os traballos esixidos por ambos os profesores. Incluirá varios tipos de exercicios, unha composición escrita e unha proba de audición. 40
Portafolios do alumno A8 A11 A1 C2 Avaliaranse varias composicións. As características de cada unha serán explicadas polo profesor(a). 20
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os alumnos/as que non se presenten o día das probas escritas recibirán a cualificación de NP.

AVALIACIÓN XULLO: Os/As estudantes que  non superen a proba en decembro / xaneiro terán que ir á oportunidade de xullo, onde os criterios de avaliación serán os seguintes: Proba oral 10%, Proba obxectiva 40%, Presentación oral 15% Portafolio do alumno 20%, Resumo oral dun conto curto en inglés, eligido polo profesor (15%). Os que aprobasen unha parte en xaneiro / febreiro non terán que repetir esa parte en xullo.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

DISPENSA ACADÉMICA: Aqueles alumnos que oficialmente se matricularon a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes