Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A6 C2 Todos o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre, en formato de entrevista individual ou en parella, na que deberá mostrar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Avaliarase a capacidade de facerse entender, a súa coherencia, fluidez, pronunciación e tamén a complexidade e corrección léxicas e gramaticales. 15
Seminario A6 B6 Avaliaranse a asistencia (5%) e participación (5%) dos alumnos (=10%). (Ver plano de continxencia para situacións de excepcionalidade) 10
Presentación oral A6 A9 B4 B10 B4 B6 C2 Ao alumno esixiráselle unha presentación acerca dun tema elixido por el / ela, que contén un elemento de polémica. Debe basearse nun texto extraido dunha revista, unha páxina de Internet, un periódico, etc, onde se expresa un punto de vista, e o alumno debe incluír e argumentar o seu propio punto de vista achega do tema. Esta proba é individual ou en parella, e debe levar a cabo sen ter apuntamentos diante. Poderase utilizar unha presentación con PowerPoint ou similar, pero a mesma só debe consultarse, non lerse. Proporcionaranse máis detalles no programa da materia que se atopará en Moodle. 20
Proba obxectiva C2 C4 Unha proba obxectiva (exame) baseada nos materiais usados en clase, a lectura adicional e os traballos esixidos por ambos os profesores. Incluirá varios tipos de exercicios. 35
Portafolios do alumno A9 A20 A1 A15 B1 B3 B5 Avaliaranse varias composicións. As características de cada unha serán explicadas polo profesor(a). 20
 
Observacións avaliación

No caso de no-presencialidade, os alumnos deben consultar o apartado "Plano de Continxencia", tanto no caso da primeira como da segunda oportunidade.

Os profesores teñen acceso ao programa "Turnitin", útil á hora de evitar o plaxio.

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os alumnos/as que non se presenten o día das probas escritas recibirán a cualificación de NP.

AVALIACIÓN SEGUNDA OPORTUNIDADE: As/Os estudantes que non superen a proba na primeira oportunidade terán que ir á segunda oportunidade, onde os criterios de avaliación serán os seguintes: 

Portafolio do alumno (20%), Proba obxectiva (25%),  Resumo oral dun conto en inglés extraído do libro de Roald Dahl: “Collected Short Stories of Roald Dahl Vol 2” (10%) A historia para o curso 2020/2021 é “Lamb to the Slaughter", Presentación oral (25%), Proba oral (20%).

Podense descargar de forma legal os contos de Roald Dahl en calquera destos enlaces:

https://royallib.com/read/Dahl_Roald/The_Collected_Short_Stories_of_Roald_Dahl_Volume_2.html#0

Os alumnos que aproban unha parte da avaliación na primeira oportunidade non terán que repetir esa parte en xullo.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

DISPENSA ACADÉMICA: Aqueles alumnos que oficialmente se matricularon a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes