Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Francés
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Idioma Moderno: Francés Código 613G01016
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Francés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Regueiro Diehl, Maria Mercedes
Correo electrónico
mercedes.regueiro.diehl@udc.es
Profesorado
Luís Gamallo, María Obdulia
Regueiro Diehl, Maria Mercedes
Correo electrónico
m.luis@udc.es
mercedes.regueiro.diehl@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ofrece formación teórica e práctica na descrición e uso da lingua francesa, de maneira a garantir un dominio práctico da mesma. Estudiaranse os principais aspectos fonéticos, gramaticais, léxicos e funcionais da lingua francesa, exercitados a traves da práctica harmónica das 4 principais destrezas comunicativas (comprensión lectora e oral, produción escrita e oral). Unha vez cubertos os contidos da materia, o alumnado deberá conseguir consolidar as competencias do nivel A2 segundo o especificado no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa. Estimularase a autonomía do alumnado e a súa capacidade de ser responsable no proceso de ensino-aprendizaxe.
Plan de continxencia PLAN DE CONTINXENCIA 1. MODIFICACIÓN DOS CONTIDOS Non se realizan modificacións nos contidos da materia. Só serán obxecto de avaliación os contidos impartidos e as destrezas exercitadas presencial e/ou virtualmente. 2. METODOLOXÍAS 2.1. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN • ACTIVIDADES INICIAIS (non computa na avaliación) • LECTURAS (non computa na avaliación) • PROBA ORAL (computa na avaliación) 2.2. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN • SOLUCIÓN DE PROBLEMAS (computa na avaliación) • DISCUSIÓN DIRIXIDA (computa na avaliación) As sesións presenciais destas dúas metodoloxías serán sustituídas por sesións virtuais na plataforma Teams. Respetaranse dentro do posible os horarios da materia previstos pola facultade, e os cambios que deban realizarse terán que contar co coñecemento e co acordo de todas as persoas participantes. As sesións virtuais levaranse a cabo en grupos reducidos para facilitar a interacción, e terán unha duración mínima de 30 minutos e máxima de 60 minutos. As actividades obrigatorias previstas, así como as voluntarias, entregaranse á profesora a través do correo electrónico. Agás casos de forza maior, e sempre coa autorización expresa da profesora, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas. A profesora remitirá as actividades corrixidas e calificadas a cada estudante por correo electrónico. Ver o cómputo destas metodoloxías na avaliación no apartado Modificacións na avaliación. • PROBA OBXECTIVA: esta metodoloxía queda anulada e o seu cómputo na avaliación redistribuído. 3. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO CORREO ELECTRÓNICO; VIDEOCONFERENCIA E CHAT NA PLATAFORMA TEAMS: 4 horas semanais. Manterase, sempre que for posible, o horario de atención personalizada do profesorado ao estudantado; en caso contrario, adaptarase á disponibilidade do alumnado e do profesorado. Utilizarase a ferramenta que o profesorado considere máis axeitada ás necesidades do alumnado. 4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN 4.1. METODOLOXÍA, PESO NA CUALIFICACIÓN FINAL E DESCRICIÓN • SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: 50% da cualificación final Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora). Ver en "Observacións de avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas. • DISCUSIÓN DIRIXIDA: 35% da cualificación final Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral). Ver en "Observacións de avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas. • PROBA ORAL: 15% da cualificación final Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante a presentación oral dun traballo tutelado. 4.2. OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN O sistema de avaliación é de aplicación tanto para o alumnado a tempo completo como para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Contémplanse dúas situacións (A e B) A. A SITUACIÓN DE CONTINXENCIA AFECTA A AVALIACIÓN DA PRIMEIRA E DA SEGUNDA OPORTUNIDADE DA MATERIA 1. O alumnado ten dúas oportunidades para aprobar a materia: a primeira ao remate do primeiro cuadrimestre e a segunda no mes de xullo. 2. A materia está dividida en dúas partes: teórico-práctica (contidos gramaticais, comprensión lectora, expresión escrita) [50% da nota final] e práctica (léxico, expresión, comprensión e interacción oral) [50% da nota final]. É necesario obter unha nota mínima global de 5 sobre 10 en cada unha destas dúas partes para superar a totalidade da materia. No caso de aprobar só unha parte da materia na primeira oportunidade conservaríase a nota para a segunda oportunidade de xullo. 2.1. En cada parte da materia é obrigatorio realizar un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todos os contidos e destrezas obxecto da materia. Ademáis das actividades presenciais que se realicen durante as aulas, normalmente por cada sesión presencial ou virtual de clase o alumnado deberá realizar unha tarefa práctica, que entregará por correo electrónico ou polos medios virtuais que especifique o profesorado. Agás causa xustificada e sempre coa autorización expresa do profesorado, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas. O profesorado remitirá as actividades corrixidas e calificadas a cada estudante por correo electrónico. Para que estas actividades podan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado (na data fixada para cada unha delas) e aprobado o 85% das actividades programadas e obter unha nota media mínima de 5 sobre 10. 2.2. Na parte práctica será ademáis obrigatorio realizar e aprobar cunha nota mínima de 5 sobre 10 unha proba oral final, consistente na presentación dun traballo tutelado, que se realizará a través de ferramentas virtuais e preferentemente en modalidade síncrona (en modalidade asíncrona se existiren problemas técnicos de conexión). O profesorado responsable da proba comunicará na plataforma Moodle, coa suficiente antelación, as datas e demáis indicacións para a realización desta proba. 3. Tendo en conta o anteriormente exposto, a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual: 3.1. Parte teórico-práctica (50% da cualificación final): a) Un 100% da nota valorará as actividades programadas e realizadas ao longo do cuadrimestre (que deben cumprir os requisitos do apartado 2.1.). Esta parte considérase aprobada se o valor do apartado a é igual ou superior a 5 sobre 10. Os contidos e destrezas desta parte da materia son recuperables coas mesmas porcentaxes na segunda oportunidade de xullo (ver apartado 4). 3.2. Parte práctica (50% da cualificación final): a) Un 70% da nota valorará as actividades programadas e realizadas ao longo do cuadrimestre (que deben cumprir os requisitos do apartado 2.1.). b) Un 30% da nota valorará a presentación oral (segundo o exposto no apartado 2.2). Esta parte considérase aprobada se a suma dos apartados a + b é igual ou superior a 5 sobre 10. Os contidos e destrezas desta parte da materia son recuperables coas mesmas porcentaxes na segunda oportunidade de xullo (ver apartado 4). 4. O alumno-a alumna que na primeira oportunidade non supere globalmente a materia segundo os criterios anteriormente expostos poderá recuperala totalmente ou parcialmente na oportunidade de xullo, segundo as mesmas porcentaxes e criterios definidos no apartado 3. O profesorado da materia fará públicas en Moodle e coa suficiente antelación as instrucións correspondentes. O alumnado poderá consultar en Moodle, no arquivo onde se fagan públicas as notas oficiais da primeira oportunidade, a(s) parte(s) que, de ser o caso, terá que recuperar na segunda oportunidade de xullo. 5. En cada oportunidade de avaliación o alumno-a alumna recibirá a cualificación global NP no caso de non se ter presentado á totalidade das partes avaliables da materia (descritas no apartado 3). 6. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o alumnado elabore para ser obxecto de avaliación) presentados polo alumnado da materia deben ser, agás indicacións expresas do profesorado, de carácter individual, e poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias activaranse as medidas recollidas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC. 7. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC. B. A SITUACIÓN DE CONTINXENCIA AFECTA SÓ A AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE DA MATERIA (A PRIMEIRA OPORTUNIDADE PUIDO DESENVOLVERSE NAS CONDICIÓNS RECOLLIDAS NA GUÍA ORIXINAL) 1. O alumnado pode consultar en Moodle, no arquivo onde se fixeron públicas as notas oficiais da primeira oportunidade, a(s) parte(s) que ten que recuperar na segunda oportunidade de xullo. 2. Alumnado que ten que recuperar parcialmente a materia: 2.1. As notas das partes aprobadas na primeira oportunidade consérvanse (coas mesmas porcentaxes inicialmente asignadas) para a segunda oportunidade: 2.1.1. Parte teórico-práctica (50% da cualificación final): a) Un 50% valorará o exame escrito (se estar aprobado cunha nota mínima de 5 sobre 10). b) Un 45% valorará as actividades (se estaren aprobadas cunha nota media mínima de 5 sobre 10). c) Un 5% corresponderá á asistencia regular ás aulas presenciais do 1.º cuadrimestre. 2.1.2. Parte práctica (50% da cualificación final): a) Un 30% valorará o exame escrito (se estar aprobado cunha nota mínima de 5 sobre 10). b) Un 30% valorará o exame oral (se estar aprobado cunha nota mínima de 5 sobre 10). c) Un 35% valorará as actividades (se estaren aprobadas cunha nota media mínima de 5 sobre 10). d) Un 5% corresponderá á asistencia regular ás aulas presenciais do 1.º cuadrimestre. 2.2. De ter suspendido a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima nos exames escritos da parte teórico-práctica e/ou da parte práctica, o alumnado deberá realizar para a segunda oportunidade unha serie de actividades substitutivas do exame, nas que terá que demostrar ter acadado as competencias da materia nas distintas destrezas. O profesorado da materia fará públicas en Moodle as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas e modalidade de envío e entrega, etc.). Este apartado considérase superado obtendo unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10. 2.3. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba oral da parte práctica, o alumnado deberá realizar para a segunda oportunidade a presentación dun traballo tutelado, que se levará a cabo a través de ferramentas virtuais, preferentemente en modalidade síncrona (en modalidade asíncrona se existiren problemas técnicos de conexión). O profesorado responsable da proba comunicará na plataforma Moodle, coa suficiente antelación, as datas e demáis indicacións para a realización desta proba. Este apartado considérase superado obtendo unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10. 2.4. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima nas actividades da parte teórico-práctica e/ou da parte práctica, o alumnado deberá realizar para a segunda oportunidade unha serie de tarefas substitutivas nas que terá que demostrar ter acadado as competencias da materia nas distintas destrezas. O profesorado da materia fará públicas en Moodle as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas e modalidade de envío e entrega, etc.). Este apartado considérase superado obtendo unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10. 2.5. De suspender a materia na primeira oportunidade e ter unha puntuación de 0 punto no apartado de asistencia en cada parte da materia, a porcentaxe asignada a este apartado (5%) engadirase a unha das partes que haxa que recuperar, nesta orde de prelación: a) exame; b) actividades; c) exame oral. 3. O alumno-a alumna recibirá a cualificación global NP no caso de non se ter presentado á totalidade das partes avaliables da materia (descritas no apartado 2.1.). 4. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o alumnado elabore para ser obxecto de avaliación) presentados polo alumnado da materia deben ser, agás indicacións expresas do profesorado, de carácter individual, e poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias poderanse activar as medidas recollidas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC. 5. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC. 3. Alumnado que ten que recuperar a totalidade da materia: A cualificación do alumno responderá ao seguinte reparto porcentual: 3.1. Parte teórico-práctica (50% da cualificación final): a) O 100% da nota valorará un conxunto de actividades que o alumnado deberá realizar e nas que terá que demostrar ter acadado as competencias da parte da materia nas distintas destrezas. O profesorado da materia fará públicas en Moodle as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas e modalidade de envío e entrega, etc.). A parte teórico-práctica da materia considérase aprobada se o valor do apartado a é igual ou superior a 5 sobre 10. 3.2. Parte práctica (50% da cualificación final): a) Un 70% da nota valorará unha serie de actividades substitutivas das tarefas realizadas ao longo do cuadrimestre nas que o alumnado deberá demostrar ter acadado os coñecementos e as competencias da parte práctica da materia. O profesorado da materia fará públicas en Moodle as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas e modalidade de envío e entrega, etc.). Este apartado considérase superado obtendo unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10. b) Un 30% da nota valorará a presentación dun traballo tutelado, que se levará a cabo a través de ferramentas virtuais preferentemente en modalidade síncrona (en modalidade asíncrona se existiren problemas técnicos de conexión). O profesorado responsable da proba comunicará na plataforma Moodle, coa suficiente antelación, as datas e demás circunstancias e indicacións para a realización desta proba. Este apartado considérase superado obtendo unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10. A parte práctica da materia considérase aprobada se a suma dos apartados a + b é igual ou superior a 5 sobre 10. 4. O alumno-a alumna recibirá a cualificación global NP no caso de non se ter presentado á totalidade das partes avaliables da materia (descritas nos apartados 3.1. e 3.2.). 5. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o alumnado elabore para ser obxecto de avaliación) presentados polo alumnado da materia deben ser, agás indicacións expresas do profesorado, de carácter individual, e poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias poderanse activar as medidas recollidas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC. 6. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC. 5. MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA O profesorado da materia facilita a través de Moodle referencias bibliográficas ou webgráficas alternativas segundo as necesidades do alumnado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes