Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A16 B5 B5 B8 Control das lecturas realizadas 5
Seminario B1 B7 C2 Participación e desenvolvemento dos traballos dentro dos seminarios. 5
Discusión dirixida A1 A3 A8 O profesor valorará o traballo dos estudantes a diario e o seu compromiso. Teráse en conta a participación activa e a atención prestada. 10
Traballos tutelados A2 A7 A10 Traballos puntuables de diverso tipo. 30
Sesión maxistral A11 A17 B2 Dúas probas (unha hacia metade do curso; outra na data asignada para o exame final) nas que o alumnado deberá amosar o seu dominio nos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos grupos reducidos e seminarios. Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha das dúas probas para que a nota resultante poida ser sumada á obtida no resto das actividades avaliables. 50
 
Observacións avaliación

Na oportunidade de xullo os alunos/as realizarán un traballo sobre os textos de estudo(50% da nota) e o exame (50% da nota). Aqueles alunos/as que o longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente non teñen que presentar ningun traballo adicional;Os alunos/as que non se presenten ás probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non Presentado se non entregaron mais do 50% das actividades avaliables durante o curso. O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar cada situación concreta e individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante as porcentaxes de Discusión dirixida;lecturas;traballos tutelados.

Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes