Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 4
   Contidos
Temas Subtemas
O libro de texto principal neste curso é o mesmo utilizado no cuatrimestre anterior en Lingua Inglesa 3: Gold Advanced Coursebook. Lingua Inglesa 4 comezará na unidade 9.
Escribir
Estilo e rexistro; linguaxe formal e informal; puntuación; parágrafo; conectores; cartas de motivación; o ensaio: tipos (ex. argumentativo, descriptivo, etc) e partes principais (título, introdución con (hipó)tese, corpo, conclusión, citas no corpo do texto e lista de obras citadas); MLA.
Ler Comprensión dun texto: diferentes niveis (dende a gramática e o vocabulario ata a interpretación e análise) e diferentes tipos de texto.
Falar
Participar en debates, expresar opinións e argumentos, estructurar e facer presentacións, entrevistas de traballo.
Escoitar Os exercicios auditivos estarán relacionados co vocabulario, temas de discusión e a gramática vistos na clase.
Gramática Repaso e consolidación de diferentes categorías, entre outras, os verbos (modais, etc); nomes, pronomes, artigos e determinantes, adxetivos e adverbios, preposicións e conxuncións, conectores adverbiais e mecanismos cohesionadores.

Consolidación e expansión de estruturas gramaticais: voz pasiva, estilo indirecto, cláusulas de participio, oracións condicionais, estruturas de relativo, subordinadas adverbiais, oracións de énfase, cláusulas con "whoever", "whatever", etc.
Vocabulario Ampliación de vocabulario, con especial atención a expresións feitas e idiomáticas.

Temas: describir compatibilidade e emocións, atopar traballo e describir destrezas profesionais, expresar opinións e debatir sobre temas e eventos actuais (diversidade, o medio ambiente, dereitos humáns, cine, música e literatura, entre outros).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes