Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 4
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral (GRUPOS GRANDES): As clases consistirán en leccións teóricas e prácticas prestando especial atención á gramática, ó uso do inglés e á comprensión lectora.
Seminario (GRUPOS A, B, C e D): Clases prácticas deseñadas para desenvolver destrezas da fala, escrita, lectura e de comprensión auditiva usando un tema dos contidos do curso ou outros que poidan ser de interese xeral. O alumnado participa nestes seminarios semanalmente, para poder practicar todas as destrezas ininterrompidamente.
Traballos tutelados Exercicios de redacción diversos.
Presentación oral Pretende dar á posibilidade ao alumnado de traballar de xeito colaborativo e creativo para mellorar o seu dominio da lingua (particularmente a súa destreza oral). Non é un exercicio obligatorio (como si o son o resto de apartados da avaliación). Por todo isto, só se considerarán proxectos individuais por circunstancias excepcionais e debidamente xustificadas.
Obradoiro Actividades orais nos GRUPOS PEQUENOS, supervisadas por lectorxs, nas que se poñen en práctica as destrezas orais do alumnado. Poden incluír conversacións informais, espontáneas e naturais, así coma debates. Os talleres tamén poden dar lugar a actividades de redacción.
Proba oral Unha conversación breve ou entrevista co profesorado.
Proba mixta Exame escrito. Permítelle ao profesorado valorar o coñecemento e as destrezas desenvolvidas polo alumnado durante o cuadrimestre. Este test obxetivo pode incluír diferentes tipos de preguntas: opcións múltiples, resposta curta, asociación, encher ocos, e outras actividades e probas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes