Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
Inicio | galego | castellano | english | A A |
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Asignaturas
Lingua Inglesa 4
Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A6 B4 C2 Unha breve conversa ou entrevista co profesorado que será programada durante o periodo de exames finais oficiais. O alumnado terá que apuntarse para unha cita concreta.

O alumnado que participe de xeito activo, significativo e continuado nas actividades orais na aula (permitindo por tanto ao profesorado que lles valore a súa destreza oral durante o cuadrimestre), e que obteñan un mínimo de 5 sobre 10 na avaliación contínua, non terá que facer esta proba oral.
20
Traballos tutelados A2 A6 A9 A10 A11 A15 B4 B5 B7 B8 C2 Dous ou máis exercicios de redacción feitos na maior parte na clase (ex., cv e carta de motivación, ensaio argumentativo, resumos, etc.). As datas destes traballos serán anunciados por adiantado.
20
Presentación oral A6 A9 A15 B1 B2 B3 B4 B6 B8 B10 C2 C3 C4 C7 Consiste en facer un vídeo-proxeto, entre 3 e 10 persoas, presentando un anuncio ou infomercial para vender un producto ou método. O alumnado non poderá ler de ningún tipo de notas e terá que preparar o guión, gravar o vídeo e colgalo. O resto das pautas serán explicadas ao seu debido tempo. 10
Proba mixta A6 A9 A10 B3 B4 B10 C2 A proba incluirá as seguintes seccións: Gramática e Uso da lingua (20%), Comprensión auditiva (15%) e Comprensión lectora (15%). 50

Observacións avaliación

• O alumnado ten a posibilidade de facer voluntariamente traballo extra para subir ata un +0.5 a súa nota final. Poden participar nun concurso de talentos ou contribuír actividades de redacción e investigación. Darase máis información na clase vía Moodle.

• A segunda oportunidade de avaliación en xullo contará coas mismas seccións e a misma distribución das porcentaxes da nota que na primeira oportunidade. A única diferencia é que os exercicios escritos ("traballos tutelados") feitos ao longo do cuadrimestre serán substituidos por unha redacción que se realizará na data oficial do exame final.

Cada estudante deberá completar a(s) sección(s) que non superara na primeira oportunidade.

• A materia superase ao obter un 5 sobre 10 despois de sumar as notas de todas as seccións. Sen embargo, non se poderá superar a materia sen obter un mínimo de 4 sobre 10 na proba oral, na proba mixta e na sección dos traballos tutelados.

• Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.

• O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo.

• O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

• O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.

• Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes