Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 4
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A9 A10 C2 Ao longo do cuadrimestre, faredes unha ou varias probas de resposta breve que avaliará/n a continuidade con que adquirides os coñecementos teóricos e a vosa capacidade para levalos á práctica. A/s data/s da/s devandita/s proba/s será/n anunciada/s ao comezo do cuadrimestre. 25
Traballos tutelados A2 A6 A9 A10 A11 A15 B4 B5 B7 B8 C2 -CARTA DE MOTIVACIÓN (10%)
-CV PROFESIONAL (5%)
As pautas para facer os traballos explicaranse en clase, en Moodle e nas titorías do despacho. As datas de entrega serán anunciadas por adiantado.
15
Presentación oral A6 A9 A15 B1 B2 B3 B4 B6 B8 B10 C2 C3 C4 C7 Consiste en facer un vídeo-proxeto, entre 3 e 10 persoas, presentando un anuncio ou infomercial para vender un producto ou método. O alumnado non poderá ler de ningún tipo de notas e terá que preparar o guión, gravar o vídeo e colgalo. O resto das pautas serán explicadas ao seu debido tempo.
Esta actividade non é obrigatoria.
10
Proba mixta A6 A9 A10 B3 B4 B10 C2 A proba incluirá as seguintes seccións: PRODUCIÓN ESCRITA seguindo a metodoloxía explicada na materia (20%), COMPRENSIÓN LECTORA dos denominados textos do exame (15%) e PROBA AUDIO-ORAL consistente nunha entrevista de traballo (15%). 50
 
Observacións avaliación
-Para aprobar esta materia, hai que sacar polo menos un 5 (sobre 10) EN CADA UN dos TRABALLOS TUTELADOS, a PROBA DE RESPOSTA BREVE e os EXAMES e polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL.

-Para a oportunidade de XULLO, haberá traballos tutelados, proba de resposta breve e probas de exame obligatorias ao igual que en xuño (o vídeo-proxecto opcional tamén terá OS MESMOS REQUISITOS). Nesta ocasión, cada estudante deberá realizar a(s) sección(s) que non superase na primeira oportunidade.

-O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

-O estudiantado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase segundo os criterios establecidos para a oportunidade de xullo.

-Para NON obter a cualificación de "Non presentado", a/o estudante debe asistir ao exame (mesmo se é só para escribir o seu nome) OU facer polo menos a metade do traballo puntuable.

-Para subir ata 0,5 a súa nota final, as/os alumnas/os poden facer un traballo voluntario que consistirá en participar nun concurso de talentos falando en inglés. Darase máis información na clase. Obviamente, a porcentaxe extra engadirase á nota final a condición de que esta sexa igual ou superior a 5. 

-Todos os traballos deberán ser entregados en tempo e forma para evitar así unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.

-O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do estudiantado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" na mesma.

-Se a coordinadora considérao conveniente, poderá haber temas de auto-estudo por parte do alumnado (ex. para ampliar coñecementos). Estes materiais, que non serán obxecto de avaliación, serán provistos en Moodle.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes