Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Fonética e Fonoloxía do Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A2 A3 A5 A9 A10 A15 B3 B4 B6 B9 C1 Lectura de artigos sobre aspectos concretos do temario. 15
Proba mixta A1 A3 A5 A11 A15 B2 B6 B7 C1 Exame de contidos teóricos e de aspectos prácticos 40
Prácticas de laboratorio A1 A3 A11 A15 B2 B9 C3 C6 C8 Análise de espectrogramas, transcricións fonéticas e fonolóxicas e outras prácticas e análises. Realizaranse tanto durante as clases como de forma autónoma. 30
Obradoiro A1 A3 A15 A21 B1 B2 B5 C6 Exercicios de dicción e produción de textos. 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 5 puntos sobre 10.

Será cualificado como “non presentado” quen non realice o exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmas porcentaxes que na primeira edición. Só se cualificará como non presentado quen xa tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non se presente ao exame oficial de xullo.

Para a segunda edición de actas a data límite de entrega das actividades será o día fixado oficialmente para o exame.

As actividades poderán ser enviadas por correo electrónico desde a dirección que a UDC proporciona a cada estudante. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.

Só se aceptarán traballos, actividades, etc., que se entreguen dentro do prazo establecido.

As actividades e exames deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado, etc.). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.

O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descualificación automática da actividade.

Estudantes a tempo parcial con dispensa académica recoñecida. Realizarán actividades compensatorias dos talleres e as prácticas de laboratorio, previo acordo co profesor.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes