Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Fonética e Fonoloxía do Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A5 A11 A15 B2 B6 B7 C1 Exame de contidos teóricos e de aspectos prácticos 50
Prácticas de laboratorio A1 A3 A11 A15 B2 B9 C3 C6 C8 Análise de espectrogramas e outras prácticas relacionadas co uso de aplicacións informáticas creadas para a análise do son (especialmente Praat). Realizaranse dous exercicios. Ámbolos dous prepararanse no laboratorio habilitado para as TGR e completaranse autonomamente fóra da aula. O primeiro (10 % da cualificación) consistirá na análise dos formantes vocálicos nunhas gravacións realizadas por cada alumno. Recollerase a mediados do cuadrimestre. O segundo (20 %), consistirá na análise dun espectrograma realizado tamén a partir dunha gravación do alumno. Recollerase a finais do cuadrimestre. 30
Obradoiro A1 A3 A15 A21 B1 B2 B5 C6 Prácticas de transcrición fonética e fonolóxica. Esta práctica prepararase nas sesións interactivas ao longo do curso. O exercicio entregarase ao comezo do cuadrimestre e recollerase ao final do mesmo. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a cualificación mínima da proba
mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Será cualificado como “non presentado” quen non realice o
exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse
recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmas
porcentaxes que na primeira edición. Só se cualificará como non presentado quen
xa tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non se
presente ao exame oficial de xullo.  Para
a segunda edición de actas a data límite de entrega das actividades será o día
fixado oficialmente para o exame.

Os traballos, actividades e exames deben cumprir as
esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía,
puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado
etc.). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.

As actividades que o permitan poderán ser enviadas por
correo electrónico desde a dirección que a UDC proporciona a cada estudante. O
estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de
problemas na recepción. Só se aceptarán traballos y actividades etc., que se
entreguen dentro do prazo establecido.

No referente a plaxio ou outra falta de honradez académica
aplicarase o estipulado nas Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario.

Alumnos con dispensa académica recoñecida: aplicaráselles o
mesmo sistema de avaliación, con maior flexibilidade nas datas de entrega (agás o exame
oficial), que se acordarán entre profesor e alumno.

Alumnos erasmus e estranxeiros: Recoméndase un nivel
equivalente a B1 como mínimo para matricularse na materia.  Ao final de curso, esixirase un nivel
equivalente a B2.

Alumnado con necesidades especiais. Intentarase, na medida
do posible, adaptar a materia ao alumnado con necesidades educativas especiais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes