Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Spanish Phonetics and Phonology
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A1 A3 A5 A11 A15 B2 B6 B7 C1 Written control of reading assignments. 50
Laboratory practice A1 A3 A11 A15 B2 B9 C3 C6 C8 Analysis of spectrographs and waveform graphics, phonetic and phonological transcription of utterances 30
Workshop A1 A3 A15 A21 B1 B2 B5 C6 Diction and production of texts 20
 
Assessment comments

Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 5 puntos sobre 10.

Será cualificado como “non presentado” quen non realice o exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmas porcentaxes que na primeira edición. Só se cualificará como non presentado quen xa tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non se presente ao exame oficial de xullo.

Para a segunda edición de actas a data límite de entrega das actividades será o día fixado oficialmente para o exame.

As actividades poderán ser enviadas por correo electrónico desde a dirección que a UDC proporciona a cada estudante. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.

Só se aceptarán traballos, actividades, etc., que se entreguen dentro do prazo establecido.

As actividades e exames deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado, etc.). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.

O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descualificación automática da actividade.

Estudantes a tempo parcial con dispensa académica recoñecida. Realizarán actividades compensatorias dos talleres e as prácticas de laboratorio, previo acordo co profesor.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes