Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Fonética e Fonoloxía do Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A5 A11 A15 B2 B6 B7 C1 Exame de contidos teóricos e de aspectos prácticos 50
Prácticas de laboratorio A1 A3 A11 A15 B2 B9 C3 C6 C8 Análise de espectrogramas e outras prácticas relacionadas co uso de aplicacións informáticas creadas para a análise do son (especialmente Praat). Realizaranse dous exercicios. Ámbolos dous prepararanse no laboratorio habilitado para tal fin e completaranse autonomamente fóra da aula. O primeiro (10 % da cualificación) consistirá na análise dos formantes vocálicos nunhas gravacións realizadas por cada alumno. Recollerase a mediados do cuadrimestre. O segundo (20 %), consistirá na análise dun espectrograma realizado tamén a partir dunha gravación do alumno. Recollerase a finais do cuadrimestre. 30
Obradoiro A1 A3 A15 A21 B1 B2 B5 C6 Prácticas de transcrición fonética e fonolóxica. Esta práctica prepararase nas sesións interactivas ao longo do curso. O exercicio entregarase ao comezo do cuadrimestre e recollerase ao final do mesmo. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a cualificación mínima da probamixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Será cualificado como “non presentado” quen non realice oexame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanserecuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmasporcentaxes que na primeira edición. Só se cualificará como non presentado quenxa tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non sepresente ao exame oficial de xullo. Paraa segunda edición de actas a data límite de entrega das actividades será o díafixado oficialmente para o exame.

Os traballos, actividades e exames deben cumprir asesixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía,puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionadoetc.). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.

As actividades que o permitan poderán ser enviadas porcorreo electrónico desde a dirección que a UDC proporciona a cada estudante. Oestudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión deproblemas na recepción. Só se aceptarán traballos y actividades etc., que seentreguen dentro do prazo establecido.

No referente a plaxio ou outra falta de honradez académicaaplicarase o estipulado nas Normas deavaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao emestrado universitario.

Alumnos con dispensa académica recoñecida: aplicaráselles omesmo sistema de avaliación, con maior flexibilidade nas datas de entrega (agás o exameoficial), que se acordarán entre profesor e alumno.

Alumnos erasmus e estranxeiros: Recoméndase un nivelequivalente a B1 como mínimo para matricularse na materia. Ao final de curso, esixirase un nivelequivalente a B2.

Alumnado con necesidades especiais. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñibles na UDC/no Centro, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezoelectrónico: pat.filoloxia@udc.gal)."

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes