Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Morfoloxía do Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A5 A15 A19 A21 A23 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 Na data e hora indicadas no calendario oficial de exames da Facultade os alumnos realizarán o exame. Terá carácter teórico-práctico en consonancia coa materia do curso. Ademais dos coñecementos e competencias adquiridas valorarase a corrección lingüística, como se sinala nas observacións. 40
Solución de problemas A1 A5 A9 A11 A14 A15 A19 A23 B1 B2 B7 C1 C6 Avaliaranse tres exercicios dos realizados na aula ou fora dela. Se avisará con antelación da data de corrección na aula ou de recollida. 20
Traballos tutelados A3 A5 A9 A11 A14 A15 A19 B1 B3 B5 B6 B7 C1 Se detallará en clase o tema e as características e se mostrarán en Moodle. A través das titorías a profesora supervisará a realización do traballo: cada alumno presentará o esquema e manterá ao menos unha entrevista. Entregarase a través da plataforma Moodle en formato word (ou similar) e en PDF antes do 11 de decembro.
Valorarase a habilidade no manexo de diferentes fontes documentais, a capacidade de síntese, os resultados obtidos, a adecuación e o estilo, e a corrección lingüística.
40
 
Observacións avaliación

1. En todas as actividades escritas, exame, traballos, exercicios, comentarios, valorarase o uso correcto e adecuado da lingua española. Se penalizarán as faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente. Dependendo da gravidade da falta, por cada unha descontarase da nota entre 0,5 puntos e 1 punto. A penalización será menor para os alumnos  Erasmus ou doutros programas de intercambio.

2. A cualificación obtida na proba mixta ou exame será como mínimo de un 4 (sobre 10) para aprobar a asignatura, tanto na oportunidade de xaneiro como na de xullo. Si na primeira oportunidade a asignatura está suspensa e a nota do examen é inferior a 5, na segunda oportunidade hai que facer tamen o exame.

3. Os traballos e restantes actividades entregadas fora da data establecida se penalizarán con un 50% da nota.

4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, copiar nos exames, ou outras formas) se penalizará coa anulación total da actividade. Cumpre indicar que a Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado, ferramenta que permite detectar o plaxio. Pode reconocer traballos presentados nesta ou noutras universidades, asi como porcións de textos procedentes doutros textos e sinalar a sua procedencia.

5. Obterán a cualificación de NP (Non presentado) os alumnos que no se presenten ao exame, aínda que realizasen o resto das actividades.

7. Os alumnos que teñan que superar a asignatura na segunda oportunidade recuperarán todas as actividades de avaliación (exercicios en conxunto, exame e traballo)  suspensas (con nota inferior a 5), cos mesmos porcentaxes. O exame realizarase na data e hora sinaladas no calendario oficial de exames. O traballo tutelado e máis os exercicios entregáranse por Moodle antes do 28 de xuño. No caso da convocatoria adiantada de decembro (finalización dos estudos) a avaliación farase cun exame teórico-práctico.

7. A asignatura poderá ser adaptada a estudantes con necesidades especiais.

8. É necesario un nivel B2 de español para cursar esta materia.

Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia
Comunicarán a súa situación á profesora nas primeiras semanas do curso.
Os procedimentos e porcentaxes de evaluación serán os mesmos que para o resto dos alumnos, nas duas oportunidades.
Os do apartado "Solución de problemas" serán específicos para eles e se formularán e entregarán a través de Moodle, nun apartado especial para estes alumnos.
As tutorías se concertarán por correo electrónico e realizaranse en horas adecuadas tanto para o alumno como para a profesora.
Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través de Moodle e do correo electrónico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes