Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española Medieval
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Análise dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Sesión maxistral Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente nos docentes, que tentarán ofrecer panoramas xerais sobre as etapas da Idade Media e sobre os distintos ámbitos literarios. Alén diso, para evitar que os estudantes lean e estuden as obras de lectura obrigatoria de forma illada, ofrecerán unha visión xeral sobre a tradición na que se inscriben, un achegamento ao autor se o houber...; nestes casos, a exposición apoiarase nos textos, que os alumnos deben ter lido previamente, pois resultará imprescindible a súa intervención (si é pertinente) e a súa colaboración.
Proba mixta Proba na que se busca que o alumno responda por escrito, de xeito completo e coherente, a distintas preguntas. Valorarase a súa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.) e espírito crítico. Combinará a teoría e a praxe, de maneira que o estudante aplique as nocións teóricas adquiridas á análise de cuestións referidas aos textos de lectura. Mais tamén terá que demostrar que dispón de coñecementos básicos en relación coa literatura española medieval.
Obradoiro Coa finalidade de afondar no estudio das obras, que han ser previamente lidas polos estudantes, combinaranse diversas metodoloxías e probas (prácticas guiadas, solución de problemas, exercicios de pregunta-respostas, pequenos debates, exercicios de comentario...).
Proba de ensaio Realizaranse dúas probas de ensaio ao longo do curso. O alumno deberá preparar previamente as lecturas das obras que se lle indiquen e os contidos relacionados con elas. Terá que desenvolver algún aspecto o tema aplicando os seus coñecementos e ofrecendo unha análise reflexiva e crítica, na que terá que demostrar, ademais, que levou a cabo unha lectura atenta, comprensiva e completa das obras.
Lecturas As lecturas das obras literarias son o eixo sobre o que pivota esta materia, mais, ademais, os docentes poderán solicitar a lectura de textos críticos e bibliografía complementaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes