Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española Medieval
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Análise dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Sesión maxistral Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente nos docentes, que tentarán ofrecer panoramas xerais sobre as etapas da Idade Media e sobre os distintos ámbitos literarios, escolas ou movementos.
Proba mixta Proba na que se busca que o alumno responda por escrito, de xeito completo e coherente, a distintas preguntas. Valorarase a súa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.) e espírito crítico. Combinará a teoría e a praxe, de maneira que o estudante aplique as nocións teóricas adquiridas á análise de cuestións referidas aos textos sobre os que se apoia o programa (e deberá demostrar telos lido e comprendido). Tamén deberá demostrar que dispón de coñecementos básicos en relación coa literatura española medieval (situar cronolóxicamente unha oubra ou autor, diferenciar xéneros...).
Obradoiro Coa finalidade de afondar no estudio das obras, que han ser previamente lidas polos estudantes, combinaranse diversas metodoloxías e probas (prácticas guiadas, solución de problemas, exercicios de pregunta-respostas, pequenos debates, exercicios de comentario...). Non obstante, para evitar que lean e estuden as obras de lectura obrigatoria de forma illada, no caso de ser necesario (por descoñecemento de nocións básicas), o profesorado ofrecerá unha visión xeral sobre a tradición na que aquelas se inscriben, un achegamento ao autor (se houber) e ás formas literarias; nestes supostos, a exposición apoiarase nos textos, que os alumnos deben xa coñecer, pois nas sesións interactivas resulta imprescindible a súa intervención e colaboración.
Proba de ensaio Realizaranse dúas probas de ensaio ao longo do curso. O alumno deberá preparar previamente as lecturas das obras que se lle indiquen e os contidos relacionados con elas. Terá que desenvolver algún aspecto o tema aplicando os seus coñecementos e ofrecendo unha análise reflexiva e crítica, na que terá que demostrar, ademais, que levou a cabo unha lectura atenta, comprensiva e completa das obras (non se trata, xa que logo, de reproducir os contidos teóricos: debe aplicalos ao aspecto que teña que desenvolver, sen esquecerse de incorporar referencias precisas ás lecturas que evidencien o seu traballo autónomo cos textos).
Lecturas As lecturas das obras literarias son o eixo sobre o que pivota esta materia (o que explica o elevado número de horas adicado a esta actividad), mais, ademais, os docentes poderán solicitar a lectura de textos críticos e bibliografía complementaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes