Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española Medieval
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C7 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se plantexarán distintas preguntas. En varias delas o alumno centrarase na análise de diversos aspectos relacionados coas obras de lectura: ha aplicar os coñecementos teóricos adquiridos ao tempo que demostra que leu os textos. Alén diso, importa que saiba situar os principais autores e textos (precisando xénero) do período de maneira correta.
50
Obradoiro A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 B4 B5 B6 B7 C3 C6 Baixo a guía da profesora, búscase que os estudantes, en colaboración ou individualmente, apliquen os coñecementos vistos nas sesións maxistrais e reflexionen sobre aspectos concretos (por escrito ou oralmente) a propósito das lecturas; algunha vez deberán elaborar individualmente textos (sínteses, esquemas, pequenos comentarios...). Agunha(s) desas activdiades será(n) tida(s) en conta na avaliación.

10
Proba de ensaio A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B4 B5 B6 B7 B10 C7 Na data que a profesora estableza (en razón do avance dos contidos), os estudantes deben realizar dúas probas de ensaio na clase e entregalas. Nelas desenvolverán un tema ou aspecto referido a algunha das obras de lectura obrigatoria; han ser quen de aplicar os coñecementos teóricos á análise dos textos e tamén de demostrar que teñen feita deles unha lectura detida e crítica. Valorarase o enfoque e a profundidade da análise, así como a claridade expositiva e a organización das ideas. 40
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán as actividades e probas de ensaio realizadas e entregadas na data prevista, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisarán en cada caso. Non se poderá aprobar a materia sen ter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta e en cada unha das probas de ensaio; o estudante recibirá a cualificación "Non Presentado" cando non se presente á proba mixta.
Na segunda oportunidade (xullo), aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na data oficial fixada pola Facultade, complementariamente o alumno dará conta tamén, nese mesmo momento, das dúas probas de ensaio e das actividades se as ten pendentes.

Dase por suposta a asistencia ás aulas. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mista (50%) e a proba de ensaio (50%); debe poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para
establecer con precisión o mecanismo de seguimento da súa activdade (especialmente para a fixación das datas
da realización das probas).

A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao terceiro curso do Grao de español (non só se tomará en consideración, por tanto, a corrección ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos
exercicios e traballos realizados fora da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes