Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Medieval Spanish Literature
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C7 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se plantexarán distintas preguntas. En varias delas o alumno centrarase na análise de diversos aspectos relacionados coas obras de lectura: ha aplicar os coñecementos teóricos adquiridos ao tempo que demostra que leu os textos e que é quen de ofrecer a súa propia reflexión e interpretación, que ten que estar, ademáis, debidamente razoada e, de non ser orixinal, debidamente fundamentada (sempre atendendo ao tema que se lle propón). Alén diso, importa que saiba situar os principais autores e textos (precisando xénero) do período de maneira correta.
50
Workshop A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 B4 B5 B6 B7 C3 C6 Baixo a guía do docente, búscase que os estudantes apliquen os coñecementos vistos nas sesións maxistrais e reflexionen sobre aspectos concretos (por escrito ou oralmente) a propósito das lecturas; algunha vez deberán elaborar individualmente textos (sínteses, esquemas, pequenos comentarios...). Algunha(s) desas activdiades será(n) tida(s) en conta na avaliación.

10
Long answer / essay questions A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B4 B5 B6 B7 B10 C7 Nas datas que se establezan (en razón do avance dos contidos), os estudantes deben realizar, baixo supervisión dos docentes, dúas probas de ensaio. Nelas desenvolverán un tema ou aspecto referido a algunha das obras de lectura obrigatoria; han ser quen de aplicar os coñecementos teóricos á análise dos textos e tamén de demostrar que teñen feita unha lectura detida e crítica. Valorarase a achega personal o enfoque e a profundidade da análise, así como a claridade expositiva e a organización das ideas. 40
 
Assessment comments

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. Farase media entre as distintas partes cando o estudante acade un 4 na proba mixta e nas probas de ensaio.


Só serán aceptadas as actividades e probas de ensaio realizadas e entregadas nas datas previstas, seguindo as normas que se precisarán en cada caso.

Dase por suposta a asistencia ás aulas, que é obrigatoria. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mixta (50%) e as probas de ensaio (50%); debe poñerse en contacto cos docentes ao inicio do curso para establecer o mecanismo de seguimento da súa actividade.

Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro). Así a valoración estará composta polo 50% das "probas de ensaio" e o 50% da "Proba mixta". Asemade, a realización das probas de ensaio terá lugar o mesmo día da proba mixta, unha vez entregada esta (de ser preciso, farase un receso de media hora).

Considerarase como “non presentado” o alumno que non participe nas probas de ensaio durante o curso ou que non realice a proba mixta Se considerará como “no presentado” al alumno que no participe en las pruebas de ensayo durante el curso o que no realice la prueba mixta o día fixado oficialmente (só en casos debidamente xustificados poderá realizar estes exercicios en datas distintas ás establecidas).

A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao nivel da titulación (tomarase en conta, polo tanto, a corrección ortográfica e gramatical, mais tamén a capacidade de estruturar as ideas e elaborar a exposición). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fóra da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control dos profesores, para avaliar a expresión servirán como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, copiar nos exames, ou outras formas) se penalizará acordo con o indicado na normativa académica. Cumpre sinalar que a Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado, ferramenta que permite detectar o plaxio. Pode reconocer traballos presentados nesta ou noutras universidades, asi como porcións de textos procedentes doutros textos e sinalar a sua procedencia.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes