Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española do Século de Ouro 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O estudante terá que realizar ao longo do cuadrimestre as lecturas relactivas ás fontes primarias e segundarias da materia. A lectura das obras deberá estar finalizada con antelación ao momento no que comece a súa explicación nas aulas de aprendizaxe colablrativo. As lecturas deberán facerse nas edicións recomendades na bibliografía. Proporcionarase ao estudante unha selección de textos de bibliografía segundaria para a contextualización dos temas.
Aprendizaxe colaborativa Ao non existir na nomencaltura da guía a correspondente á disciplina filolóxica de comentario de texto literario, adoptase esta denominación. Semanalmente haberá unha sesión interactiva na que se realizarán actividades relativas á aplicación metodolóxica do comentario de texto literario aplicado aos textos obxectos da materia. Para realizar esta actividade, o estudante deberá ter traballado previamente o texto proposto para a análise de xeito a poner en común os resultados do seu traballo.
Proba mixta Na data oficial marcada polo Centro, o estudante realizará unha proba na que desmostrará os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.
Sesión maxistral Haberá unha sesión maxistral por semana de noventa minutos de duración. LA responsabilidade desta sesión recae sobre a profesora. Os obxectivos das sesións serán a exposición dos rasgos máis salientables para os periodos literarios abordados dos xenéros e autores estudados.
Traballos tutelados O alumno deberá realizar ao longo do cuadrimestre un traballo tutelado sobre algún dos temas da materia
Actividades iniciais No primeiro día de aulas os estudantes realizarán individualmente un comentario de texto literario por escrito co fin de determinar o nível xeral e adecuar así a impartición da materia cara a obxectivos de mellora e progreso. Nesta mesma sesión, darase conta das ferramentas metodlóxicas introductorias á materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes