Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Spanish Literature in the Golden Age 1
   Methodologies
Methodologies Description
Workbook O estudante terá que realizar ao longo do cuadrimestre as lecturas relativas ás fontes primarias e segundarias da materia. A lectura das obras deberá estar finalizada con antelación ao momento no que no comece a súa explicación nas aulas de aprendizaxe colaborativa. As lecturas deberán facerse nas edicións recomendadas na bibliografía. Proporcionarase ao estudante unha selección de textos de bibliografía segundaria para a contextualización dos temas.
Collaborative learning A nomenclatura da guía non recolle a corrrespondente á disciplina filolóxica de comentario de texto literario, polo que se adopta esta denominación. Semanalmente haberá unha sesión interactiva na que se realizarán actividades relativas á aplicación metodolóxica do comentario de texto aplicado aos textos obxecto da materia. Para realizar esta actividade o estudante deberá traballar os textos propostos para a análise con anterioridade co fin de poñer en común o resultado do seu traballo.
Mixed objective/subjective test Na data oficial marcada polo Centro, o estudante realizará unha proba na que demostrará os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.
Guest lecture / keynote speech Haberá unha sesión maxistral por semana de novento minutos de duración. A responsabilidade desta sesión recae sobre a profesora. Os obxectivos destas sesións serán a exposición dos rasgos máis salientables dos periodos literarios abordados para os xéneros e os autores estudados.
Supervised projects A partir das obras e os autores obxectos da materia, ofrecerase ao estudante unha selección de posibles traballos de diverso tipo. O traballo será individual e a profesora supervisará o seu desenvolvemento en horas de titoría.

Introductory activities No primeiro día de aulas os estudantes realizarán individulamente un comentario de texto literario por escrito co fin de determinar o nivel xeral e adecuar así a impartición da materia cara aosoibxectivos de mellora e progreso. Nesta mesma sesión darase conta das ferramentas metodolóxicas introductoras á materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes